o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O GALEGO, TAMÉN LINGUA DO MÁIS ALÁ
O uso do galego nas lápidas e, en xeral, nos actos fúnebres é moi restrinxido. Esta noticia fálanos dunha iniciativa interesante en Carballo en relación a isto:

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/12048.html
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 31-10-2012 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
SERES LENDARIOS GALEGOS PARA A NOITE DO SAMAÍN
CURTAMETRAXE DE MEDO REALIZADA NO CPI DE FOLGOSO DO COUREL



NON VOS PERDADES ESTA VIDEOCREACIÓN DO IES DA FONSAGRADA SOBRE OS NOSOS MEDOS:




VÍDEO SOBRE O SAMAÍN FEITO NO IES DE MELIDE, CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA

Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.









Para saberes máis do Samaín:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Sama%C3%ADn


http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 25-10-2012 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
ORGULLOS@S DO GALEGO
A Coordinadora de Equipos de Normalización pon en marcha esta campaña de sensibilización para dignificar o noso idioma. Podedes participar enviando un vídeo relacionado con este tema. Consultade a convocatoria en:

http://www.coordinadoraendl.org/orgullo/index.php
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 04-10-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
NACE "OLLOS DE AULA"
A coordinadora de equipos de normalización saca a luz o primeiro exemplar desta revista escolar dirixida ás familias. Pretende ter unha periodicidade mensual e cada centro de ensino poderá personalizar os contidos da 2ª páxina.

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 04-10-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal