o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APRENDEMOS MÁIS SOBRE O ENTROIDO
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística pon ao noso dispor todos estes enlaces de interese para aprendermos máis sobre o entroido en Galicia e noutros lugares do mundo.

http://coordinadoraendl.org/entroido/ant3_1.php
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 15-01-2016 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCADA UNHA NOVA EDICIÓN DO CORRELINGUA

Convócanse un ano máis as carreiras reivindicativas do Correlingua baixo o lema "O galego está en nós". Dende o equipo fomentaremos a participación do alumnado nos distintos concursos que se organizan: manifesto e vídeo para secundaria e banda deseñada para primaria. Consultade as bases neste enlace:

http://www.correlingua.gal/noticias/editorial-correlingua-2016
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 08-01-2016 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
DÁMOSLLE A BENVIDA AO 2016

Comeza un novo ano con conmemoracións importantes coa lingua galega de por medio: a celebración das Letras Galegas, cuxo homenaxeado é Manuel María, e o centenario da creación das Irmandades da Fala na Coruña, unha importante entidade que loitou na promoción, dignificación e normalización do galego na etapa previa ao franquismo. Enlazamos este artigo do xornal Praza que comenta isto polo miúdo. Pola nosa banda, dende o ENDL do CPI de Pontecesures animámosvos a alumnado, profesorado e pais-nais a que continuedes no 2016 impulsando a presenza do galego no día a día.

http://praza.gal/cultura/10883/un-ano-para-lembrar-a-manuel-maria-e-as-irmandades/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 06-01-2016 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal