o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ANTROIDO MOVE O CORPO
Dende o ENDL dámoslle a benvida ao tempo de Entroido con esta movida canción de Paco Nogueiras do seu último disco "Brinca vai".




As unidades didácticas sobre os Xenerais do Ulla que publicaron os concellos onde se celebra este entroido tradicional son moi interesantes para traballar nas aulas de primaria e infantil . As unidades pódense descargar en:

http://www.xeneraisdaulla.com/index.php/ca/recursos-didacticos

A páxina de Política Lingüística da Xunta de Galicia incorpora moitos enlaces educativos sobre o entroido galego. Preme na seguinte ligazón para consultala:

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2015 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
TODA A MÚSICA EN GALEGO E AS NOVIDADES DISCOGRÁFICAS
TODA A DISCOGRAFÍA EN GALEGO QUE FOI SAÍNDO AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS EN:

http://www.culturagalega.org/mega/musicaengalego.php

CANCIÓNS A CONCURSO NOS "CANTALINGUA" DESTES ANOS:

http://www.correlingua.org/cantalingua/

Vídeos en Galiza música:

http://www.gzmusica.com/multimedia.html
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 23-01-2015 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal