o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS XENERAIS DO ULLA
Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente. Unha mostra desta riqueza recóllese nesta presentación:



Este ano, dado que a biblioteca do centro organizou un traballo interdisciplinar arredor do río Ulla, dende o equipo decidimos dar a coñecer o entroido tradicional máis próximo a nós, o dos XENERAIS DA ULLA. Neste texto atoparedes información sobre como se desenvolve o entroido nesta comarca:

http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/actientroido10/arquivosvarios/OS%20XENERAIS%20DO%20ULLA.pdf

Os Xenerais percorren todas as
casas da parroquia, acompañados dun membro da comisión organizadora que é o
encargado de recoller a achega económica de cada persoa que recibe unha viva, ben
sexa da parroquia ou de fóra desta. Na eira de cada veciño o Xeneral lanza unha
viva ó xefe de familia. Exemplo DUN "VIVA" DOS XENERAIS DA ULLA NA FESTA DA FILLOA EN LESTEDO:



OS "CORREOS" son os encargados de
anunciar coa súa presenza a chegada da comparsa ás aldeas. Neste vídeo anuncian un "atranque" entre xenerais:



Pero do que non nos podemos esquecer ó falar dos Xenerais do Ulla é do verdadeiro
encontro entre xenerais, coñecido como Atranque ou Alto, tamén chamados
“encontros” e “saltos”. Este é un dos intres máis esperados por todos. Trátase
dunha loita dialéctica entre dous ou máis xenerais que pertencen a bandos opostos,
dialéctica que irá subindo de ton, sendo as palabras cada vez máis aldraxantes e
duras. Mais polo xeral todos os atranques nos seus diversos tipos teñen a mesma
base: representan o enfrontamento entre dous bandos, que terminan por facer as
paces e exaltar a amizade. Exemplo dun "ATRANQUE" ou "ALTO" na Festa da Filloa en Lestedo:



Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
IDEAS PARA FACERMOS UN LIPDUB
Como falamos ao principio de curso, existe a proposta do alumnado de secundaria de facermos un lipdub que promocione o galego. Aquí quedan unhas cantas suxerencias de cancións. Podedes aportar máis ideas e logo iremos vendo as que máis nos gusten:


AID: "Apréndeo"





ANDRÉS DOBARRO: "O tren que me leva"




Hai un lip dub feito por nenos de 1º ciclo de primaria de San Pedro de Visma:

http://fmzik.com/video_97_sH-LSRGc_Lip-Dub---O-TREN---d%C3%ADa-das-letras-Galegas-2012--Ceip-San-pedro-de-Visma.html

Nesta páxina podedes consultar as instrucións básicas para a realización do lipdub:

http://www.casadeedu.com/contenidos/como-hacer-un-lipdub
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 08-01-2013 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2013
Como é tradicional, xa está aberto o prazo para inscribirse nos concursos de manifesto, banda deseñada, vídeo e creación musical do Correlingua. Consultade as bases en:

http://www.correlingua.org/
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 08-01-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal