o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MENOS AXUDAS PARA OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/tesoirada-do-70-nas-axudas-fomento-do-galego-colexios-publicos-privados/idEdicion-2012-01-26/idNoticia-725783/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 27-01-2012 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
THE HOMENS
Remexendo por internet, encontrei un bo grupo Compostelán de un xénero musical chamado Power Pop. Este xénero toca dous vértices: o pimeiro, poder facer música do xénero Pop en Galego sen ningún tipo de complexo; e o segundo, ter o compromiso coa libre difusión da cultura, xa que podes descargar as suas cancións na propia paxina web do grupo. (Aquí vos deixo un link coa dirección :

http://thehomens.com/
E tamén unha das suas cancións máis recoñecidas:



Xosé Carlos García Pérez
4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 26-01-2012 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES E XOGOS SOBRE O ENTROIDO GALEGO
http://www.coordinadoraendl.org/2011entroido/index.php
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal