o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VI CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR

Un ano máis, o EDLG e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os relatos e vídeos, orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías, con cadanseu premio para a modalidade de vídeo e de relato:
a) Infantil
b) 1º ciclo:
c) 2º ciclo
d) 3º ciclo
e) ESO
4. Os relatos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados. Na modalidade de audiovisual, a curtametraxe gravada terá como máximo cinco minutos de duración.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 19 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o martes 30 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 26-09-2018 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
TÍTERES NO CPI DE PONTECESURES
Para pechar o curso académico 2017/2018 acudiu ao centro de novo a compañía Viravolta Títeres, que representou a obra "Cocer e Cantar" para o alumnado de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Como en anos anteriores, todo un éxito!
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 26-06-2018 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO DE EDUCACIÓN INFANTIL PRESENTADO AO CONCURSO DO CORRELINGUA:

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 25-06-2018 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DE MARÍA VICTORIA MORENO
Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno. Deixámosvos algunhas ligazóns de interese para coñecermos algo máis sobre ela:


BIOGRAFÍA DA ESCRITORIA NA PÁXINA DA REAL ACADEMIA GALEGA

https://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/1030128

ACTIVIDADES PARA E. INFANTIL E E. PRIMARIA NA PÁXINA DO SEMINARIO GALÁN


http://seminariogalan.org/inicio/portada

TELEXORNAL DO CPI DOS DICES (ROIS) SOBRE A AUTORA




ANO DE MARÍA VICTORIA MORENO



"ANAGNÓRISE", CANCIÓN DA BANDA DA LOBA BASEADA NA NOVELA DE MARÍA VICTORIA MORENO

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-04-2018 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
O pasado sábado 10 de marzo, pais/nais e profesores, xunto ao alumnado seleccionado no CPI de Pontecesures para o concurso de recitado de poemas de Manuel María e Rosalía de Castro, acudimos a Outeiro de Rei, onde se atopa a Casa Museo de Manuel María, para participar na fase final do certame que esta fundación organiza cada ano. Realmente quedamos moi emocionados co recitado que realizaron os nosos alumnos/as ese día, así como da alta calidade en xeral dos demais concursantes. Unha experiencia enriquecedora que nos gustaría repetir. Ollade os vídeos dese día:



O ALUMNADO DE 1º de E. Primaria recita "Galicia", de Manuel María.



Blanca García Mosquera de 1º de ESO recita "Negra sombra" do libro Follas Novas de Rosalía de Castro.



Carmen Caldelas Magán recita "Silencio", do libro Follas Novas de Rosalía de Castro

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 20-03-2018 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CPI DE PONTECESURES
O xurado do I Certame de Fotografía CPI de Pontecesures acordou seleccionar, entre as 21 participantes, a fotografía presentada por Carmen Caldelas Magán como gañadora. Será a foto, polo tanto, da portada da axenda escolar do próximo curso. Noraboa pola calidade do traballo
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 23-02-2018 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [36]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0