o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
De cara a esta data, necesaria para que nos deteñamos a revisar patróns educativos sexistas que imos asimilando dende pequenos/as, deixamos este mapa conceptual para a reflexión na aula:



Este ano, ademais, adxuntamos aquí a ligazón á obra dunha artista, Yolanda Domínguez, que nos axuda a analizar comportamentos que asumimos no día a día como normais e supostamente inocentes, mais que están detrás da desigualdade de xénero e, á súa vez, da violencia de xénero.

http://www.yolandadominguez.com/project/preludios-2012-2/

Propuxémoslle ao alumnado da ESO a realización dunha serie de fotografías cun pé valorativo sobre este tema e aquí vos presentamos algún dos traballos que máis nos gustaron:

Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 25-11-2016 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR DO SAMAÍN 2016
Deixámosvos aquí a representación teatral, baseada na obra narrativa de Castelao Un ollo de vidro, coa que o alumnado do ENDL do CPI de Pontecesures presentou o acto de entrega de premios do Concurso do Samaín deste ano. Noraboa a tod@s el@s, polo seu fantástico traballo.


Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 03-11-2016 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
IV CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR
Un ano máis o ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

Como en anos anteriores, nas clases de E. Plástica da ESO organizouse un concurso de carteis para publicitar o evento e este curso resultou gañadora a proposta de Xiana Magariños Barreiro, de 3º de ESO. Merecen tamén unha mención especial os traballos que quedaron finalistas de Zaira Barreiro Aragundi e Alba Miguéns Cordo, tamén de 3º de ESO. Estes e os demais carteis expoñeranse no corredor da ESO estes días. Noraboa polo traballo realizado!

Destacamos como novidade deste ano esta fantástica recreación audiovisual do conto "Corre, corre, cabaciña" coa que o alumnado e profesorado de 1º e 2º de E. Primaria quixo presentar o Samaín deste ano:



A continuación vede os vídeos premiados deste ano:

Por E. Infantil: "Medo nas aulas"



Polo 1º ciclo de E. Primaria: "Medo na escola"




Por 4º A: "A boneca diabólica"




E, finalmente, na ESO, tras unha difícil deliberación, o xurado outorgoulle o premio a:

"Conto de terror"



Pero tamén destacou a orixinalidade deste segundo vídeo, que recibiu unha mención especial:

"Unha morte sen saída"



Non vos perdades, ademais, estes vídeos, polos que felicitamos aos seus autores/as, aínda que este ano non foron premiados.

"A vinganza"




"O asasino do parque"



"Non petes na porta"



Na sección de relatos, temos como gañador na categoría da ESO a Brais Sobrino, de 1º ESO B con este relato titulado "O reloxo maldito"



Na categoría de 3º ciclo de E. Primaria, o relato gañador foi "O sorteo", de Nicolás Constenla Barral, de 5º:




Na categoría de 2º iclo de E. Primaria, temos o relato de Xián Lafuente, ilustrado por Aurora Jamardo, de 3º B:

Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 30-09-2016 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
DOUS NOMES PARA UN NOVO CURSO: CASARES E BOROBÓ
Iniciamos o curso 2016/2017 dando a coñecer un pouco máis de dúas personalidades sobranceiras da cultura galega: o homenaxeado das Letras Galegas 2017, Carlos Casares, e o xornalista e escritor cesureño Raimundo García "Borobó", cuxo centenario se celebra este ano.

De Borobó presentámosvos esta pequena entrevista e o artigo que trata sobre el en wikipedia.
Comezou a súa carreira a facer un xornal durante a Guerra Civil, pero entre nós é lembrado especialmente polo seu traballo no xornal "La Noche", bastión da cultura galega no noso país durante a posguerra ou pola fundación da revista "Chan". Borobó continuou a escribir infatigable, colaborando con publicacións coma "Galicia Hoxe" ou "A Nosa Terra" ata a súa morte en 2003



https://gl.wikipedia.org/wiki/Borob%C3%B3



E de Carlos Casares temos o completo artigo da wikipedia:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-09-2016 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
ROTEIRO DE FIN DE CURSO A VALGA
Para celebrar o día de remate das clases fixemos un roteiro ata a área recreativa de Valga, onde nos agasallaron algúns membros da A. C. Xarandeira cunha actuación de música e baile tradicional. Tamén puidemos desfrutar dun baño no río Valga e dunha comida campestre.






Despedímonos por este curso con este vídeo de homenaxe a algúns dos profes que nos acompañaron ao longo destes anos e que xa non estarán connosco o próximo curso. Desexámoslles moita sorte e que sigan co mesmo ánimo co que nos agasallaron en Pontecesures! Pasádeo todos e todas moi ben durante o verán e collede moitos folgos para o novo ano!


Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 28-06-2016 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA A MARCELLE
O alumnado de 3º e 4º de E. Primaria do CPI de Pontecesures foi de excursión de fin de curso a Marcelle (Lugo. Deixámosvos aquí este vídeo como lembranza da visita.

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 14-06-2016 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal