o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORRELINGUA 2015
Nestas fotos vemos o alumnado de 4º de ESO do curso 2014/2015 do CPI de Pontecesures no acto de presentación do Correlingua 2015, desta volta como auténticos protagonistas, xa que gañaron o certame de manifesto.
CANDELA E ALEX DICINDO UNHAS PALABRAS
CANDELA E ALEX DICINDO UNHAS PALABRAS
 
CANDELA E ALEX RECOLLENDO O PREMIO
CANDELA E ALEX RECOLLENDO O PREMIO
E... TOD@S PARA O CPI CO DIPLOMA NA MAN
E... TOD@S PARA O CPI CO DIPLOMA NA MAN
 
FOTO FINAL COS OUTROS GAÑADORES
FOTO FINAL COS OUTROS GAÑADORES
MENTRES LEMOS O MANIFESTO
MENTRES LEMOS O MANIFESTO
 
PROCEDENDO Á LECTURA DO MANIFESTO
PROCEDENDO Á LECTURA DO MANIFESTO

© by Abertal