o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FACENDO GRAFFITI
O mércores 28 de marzo tivemos entre nós a dous grandes artistas do graffiti: Marcos e Javier, do colectivo artístico-musical "Dios que te crew". Impartiron un obradoiro de catro horas, que se plasmou nun graffiti á entrada do colexio. Recolle unha idea madurada entre algúns alumnos/as membros do ENDL do noso CPI, que ao longo de varias reunións fomos pensando unha idea para promocionar o galego no centro. Tod@s @s que iniciaron a proposta participaron na actividade, baixo a supervisión dos dous artistas que impartían o taller. Velaí van algunhas fotos do evento.

 
ADMIRANDO O RESULTADO
ADMIRANDO O RESULTADO
COMO MOLA!
COMO MOLA!
 
IMOS CON OUTRA VACA
IMOS CON OUTRA VACA
IMOS PROBAR!
IMOS PROBAR!
 
ISTO NON TEN MOITA PINTA DE ACABAR BEN...
ISTO NON TEN MOITA PINTA DE ACABAR BEN...
ISTO TEN O SEU TRUCO
ISTO TEN O SEU TRUCO
 
ISTO TEN O SEU TRUCO
ISTO TEN O SEU TRUCO
LEMBRANZA DO DÍA
LEMBRANZA DO DÍA
 
OS PEQUENOS TAMÉN SE APUNTAN
OS PEQUENOS TAMÉN SE APUNTAN
PARECE QUE É FÁCIL
PARECE QUE É FÁCIL
 
PARECE QUE LLE DAN BEN
PARECE QUE LLE DAN BEN
PAREDE EN BRANCO
PAREDE EN BRANCO
 
POIDA QUE TEÑA TRAZA!
POIDA QUE TEÑA TRAZA!
PRIMEIRA VOLUNTARIA
PRIMEIRA VOLUNTARIA
 
QUE BEN VAI QUEDANDO!
QUE BEN VAI QUEDANDO!
RESULTADO FINAL
RESULTADO FINAL
 
SOA ANTE O GRAFFITI
SOA ANTE O GRAFFITI
ÚLTIMOS RETOQUES
ÚLTIMOS RETOQUES
 
XA ESTÁ CONTROLADO
XA ESTÁ CONTROLADO
1 [2]

© by Abertal