o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENCONTRO COA ESCRITORA ROSALÍA MORLÁN
Durante o primeiro trimestre, os nenos e nenas do 3º ciclo de primaria traballaron a poesía co libro A coitada lúa de Rosalía Morlán. A autora visitounos o día 24 de febreiro, coincidindo co 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e recitounos algúns poemas que vai publicar no próximo libro. Así mesmo alumnos e alumnas recitaron poemas seleccionados por eles mesmos ante a autora. Aquí vos deixamos algunha foto dese encontro.
A ESCRITORA ASINA OS LIBROS
A ESCRITORA ASINA OS LIBROS
 
ESCOITANDO A ROSALÍA MORLÁN
ESCOITANDO A ROSALÍA MORLÁN
ESTHER RECITANDO UN POEMA
ESTHER RECITANDO UN POEMA
 
JORGE RECITANDO UN POEMA
JORGE RECITANDO UN POEMA
SOFÍA RECITANDO UN POEMA
SOFÍA RECITANDO UN POEMA
   

© by Abertal