o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CANTO DE REIS 2011
Por estas datas era costume nas aldeas e vilas de Galicia, ir de porta en porta pedindo aguinaldo e cantando panxoliñas, en lembranza dos antigos cantos profanos de benvida a un novo ano e para escorrentar o frío do inverno. Para reavivar esta tradición, algúns dos alumnos e alumnas membros do ENDL de 4 e 1º de ESO, fomos de aula en aula cantando este cantar de Reis de Rinlo, con moi boa acollida, por certo.
Antes de cantar
Antes de cantar
 
Baltasar en plena acción  "bombil"
Baltasar en plena acción "bombil"
En plena actuación
En plena actuación
 
Melchor e un Gaspar un tanto despeluxado
Melchor e un Gaspar un tanto despeluxado
Outra desghañitándonos
Outra desghañitándonos
 
Tres reis en procesión
Tres reis en procesión

© by Abertal