o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN VALGA SOBRE O LIBRO MADE IN GALIZA
O EDLG do CPI de Pontecesures e o Departamento de Lingua Galega organizou esta actividade á que acudiu o alumnado de 3º e 4º de ESO. Despois da lectura do libro de Séchu Sende, Made in Galiza, puidemos ver esta versión teatral do libro na que se reflexiona, desde a sátira e o humor, sobre os prexuízos lingüísticos sobre o galego.


o Alumnado de 3º e 4º de Eso Asiste en Valga a Un Espectáculo Teatral Baseado No Libro de Séchu Sende by trasnoparoleiro on Scribd

MADE IN GALIZA
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 07-03-2019 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal