o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
Onte celebramos no CPI de Pontecesures a fase previa de concurso no centro e o xurado elixiu por unanimidade os seguintes participantes para a fase final, que se celebrará o sábado 10 de marzo na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei:

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Titora Isaura Abril Magariños. Poema que recitarán: "Galicia", de Manuel María.

Alumnado: Adán Agrasar Crespo, José Manuel Agrasar Rodríguez, Tania Barreiro Mariño, Noa Bustelo Carlés, Manuel Castiñeiras Monteagudo, Emily García Mata, Darío, Gil Santiago, Adrián Gómez Sanmarco, Marco González González, Martina López Doce, Antía Pérez Becerra, Miguel Quintáns Janeiro, Iria Troitiño García, Aarón Vieites Vidal, David Vieites Vidal e Manuel Vilas Fernandes.

ALUMNADO DA ESO: Profesor acompañante: Xesús Amboaxe García

Gañadoras do concurso no centro:

-Blanca García Mosquera (1º de ESO), co poema: "Negra sombra", Follas Novas, Rosalía de Castro.

-María del Carmen Caldelas Magán (1º de ESO) co poema: "Silencio", de Follas Novas de Rosalía de Castro.

Noraboa aos premiados e a todos os participantes. En breve publicaremos os vídeos das intervencións dos participantes.
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 23-02-2018 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal