o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CPI DE PONTECESURES
O EDLG do CPI de Pontecesures anímavos a que participedes neste primeiro concurso de fotografía convocado no noso centro que pretende fomentar o voso espírito creativo e o voso interese polo entorno máis próximo.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. As fotografías serán orixinais e inéditas, poderán ser en cor ou branco e negro e admiitirase a transformación e a manipulación dixital das mesmas. Así mesmo poden presentarse fotografías pintadas ou decoradas polo autor/a e que inclúan unha lenda en galego cun máximo de 30 palabras.
2. A temática xirará arredor do concello de Pontecesures, dos seus lugares e paisaxes emblemáticos, das actividades profesionais tradicionais nel ou, particularmente, do CPI de Pontecesures. En caso de que incorporen a imaxe de persoas, acompañarase dunha autorización asinada das mesmas que permita a súa publicación no blog do EDLG e na axenda escolar do próximo curso.
3. Poderá participar a título individual calquera alumno/a matriculado/a nalgún curso da ESO do CPI de Pontecesures, presentando unha única foto.
4. As fotos presentaranse en formato JPG nunha memoria USB antes do venres 9 de febreiro .
5. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do EDLG.
6. O fallo do xurado farase público a través do blog “O trasno paroleiro “ o día 23 de febreiro
7. O premio consistirá na publicación da fotografía na portada da axenda escolar do próximo curso.
8. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 24-01-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal