o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORRELINGUA 2017
O 8 de maio fomos toda a ESO ao Correlingua a Santiago para dicir, un ano máis, que ao galego non lle debemos pór cancelas. Comezou a actividade ás 11 co percorrido polas rúas da cidade vella, logo regresamos á Quintana, onde se entregaron e se leron os premios de manifesto e banda deseñada, e finalmente actuou o grupo gañador do Cantalingua deste ano.
O alumnado participante completou a xornada polas rúas da cidade, gravando por equipos breves vídeos que amosan a situación do galego na cidade. En breve amosaremos algún dos resultados.


Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 12-05-2017 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal