o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIO DE CARTAS AO APALPADOR A DOUS ALUMNOS DO CPI DE PONTECESURES
Dámoslle a noraboa a Tomás Melón Rodríguez e Blas López Soto, aula das "Cordas Unidas" (2º B de E. Primaria) polo premio que recibiron por cadansúa carta ao Apalpador que enviaron ao concurso este nadal.

Tomás, aos seus 7 anos, pide que os seus compañeiros "non baixen á nube ou ao nubarrón" e que os nenos dos hospitais volvan sans para as súas casas como lle pasou a el, que "un avión de xoguete con luces lle salvou a vida".

Pola súa parte, Blas pide "que todo o mundo sexa feliz e que me queira a miña nai porque o meu pai morreu e non quero que á miña nai lle pase o mesmo", para despedirse cun "camión de apertas". Esta última carta foi a premiada cun agasallo consistente nunha estadía de fin de semana nas Casiñas do Ribeiro.

Tedes máis información sobre este concurso en:

http://www.apalpador.com/
Comentarios (0) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 13-01-2017 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal