o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IV CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR
Un ano máis o ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

Como en anos anteriores, nas clases de E. Plástica da ESO organizouse un concurso de carteis para publicitar o evento e este curso resultou gañadora a proposta de Xiana Magariños Barreiro, de 3º de ESO. Merecen tamén unha mención especial os traballos que quedaron finalistas de Zaira Barreiro Aragundi e Alba Miguéns Cordo, tamén de 3º de ESO. Estes e os demais carteis expoñeranse no corredor da ESO estes días. Noraboa polo traballo realizado!

Destacamos como novidade deste ano esta fantástica recreación audiovisual do conto "Corre, corre, cabaciña" coa que o alumnado e profesorado de 1º e 2º de E. Primaria quixo presentar o Samaín deste ano:



A continuación vede os vídeos premiados deste ano:

Por E. Infantil: "Medo nas aulas"



Polo 1º ciclo de E. Primaria: "Medo na escola"




Por 4º A: "A boneca diabólica"




E, finalmente, na ESO, tras unha difícil deliberación, o xurado outorgoulle o premio a:

"Conto de terror"



Pero tamén destacou a orixinalidade deste segundo vídeo, que recibiu unha mención especial:

"Unha morte sen saída"



Non vos perdades, ademais, estes vídeos, polos que felicitamos aos seus autores/as, aínda que este ano non foron premiados.

"A vinganza"




"O asasino do parque"



"Non petes na porta"



Na sección de relatos, temos como gañador na categoría da ESO a Brais Sobrino, de 1º ESO B con este relato titulado "O reloxo maldito"



Na categoría de 3º ciclo de E. Primaria, o relato gañador foi "O sorteo", de Nicolás Constenla Barral, de 5º:




Na categoría de 2º iclo de E. Primaria, temos o relato de Xián Lafuente, ilustrado por Aurora Jamardo, de 3º B:

Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 30-09-2016 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal