o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÁMOSLLE A BENVIDA AO 2016

Comeza un novo ano con conmemoracións importantes coa lingua galega de por medio: a celebración das Letras Galegas, cuxo homenaxeado é Manuel María, e o centenario da creación das Irmandades da Fala na Coruña, unha importante entidade que loitou na promoción, dignificación e normalización do galego na etapa previa ao franquismo. Enlazamos este artigo do xornal Praza que comenta isto polo miúdo. Pola nosa banda, dende o ENDL do CPI de Pontecesures animámosvos a alumnado, profesorado e pais-nais a que continuedes no 2016 impulsando a presenza do galego no día a día.

http://praza.gal/cultura/10883/un-ano-para-lembrar-a-manuel-maria-e-as-irmandades/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 06-01-2016 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal