o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro celebramos no noso centro o V Día da Ciencia en Galego,unha xornada reivindicativa, educativa e lúdica que nos lembra que tamén podemos aprender contidos científicos na nosa lingua.

En Secundaria, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou na videoconferencia organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, que este ano tivo a Manuel Caeiro Rodríguez como relator, doutor en enxeñería de telecomunicacións. A videoconferencia versou sobre a historia da programación de ordenadores.

Neste enlace tedes moita información sobre as actividades que se realizaron en distintos centros de Galicia arredor deste evento:

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

En Primaria tamén se sumaron a esta celebración. Por exemplo, nesta videocreación podemos ver ao alumnado de 4º A facendo experimentos para celebrar o Día da Ciencia en Galego:

Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 14-11-2014 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal