o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

II DÍA DA CIENCIA NO CPI DE PONTECESURES
O curso pasado comezabamos as clases coa posta en marcha do chamado Decreto de Plurilingüismo que por primeira vez dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística vetaba o uso do galego en determinadas materias da rama científica. Dende os ENDL queremos mostrar o noso desacordo un ano máis con esa medida celebrando esta xornada reivindicativa, lúdica e didáctica o 4 de novembro. Este será o programa co que nos sumaremos ao evento dende o noso centro:

PRIMARIA:
10.30-11.30: VIDEOCONFERENCIA NA BIBLIOTECA: “O VALOR DOS BOSQUES NA SOCIEDADE ACTUAL”, Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural de Santiago.

Ao longo de todo o día poderanse realizar os experimentos de físicos propostos na unidade "Ciencia divertida" polo CEIP Virxe da Cela, de Monfero

SECUNDARIA:
12.30-13.30: VIDEOCONFERENCIA PARA 3º E 4º DE ESO: A INVESTIGACIÓN XENÉTICA NA PRÁCTICA POLICIAL”, Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal da USC.
1º recreo: Todo o alumnado da ESO poderá quedar no corredor de secundaria para ver a exposición “Entre moléculas”
13.30 a 13.55: Xogos matemáticos para 3º e 4º da ESO no corredor da ESO.
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 28-10-2011 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal