o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRADUTORES E CORRECTORES ORTOGRÁFICOS
IMAXIN GALGO 2.0

O novo corrector imaxin Galgo é o primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego. Pódese descargar gratuitamente dende a web da Xunta:

http://www.xunta.es/linguagalega/galgo


OPENTRAD: TRADUCIÓN AUTOMÁTICA PARA AS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL

http://opentrad.imaxin.com/

ORTOGAL: CORRECTOR ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA

http://sli.uvigo.es/corrector
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 03-10-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal