o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTIVIDADES SOBRE DÍAZ CASTRO PARA PRIMARIA E SECUNDARIA
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Como outros anos, dende o CPI dos Dices (Rois) fálannos sobre Díaz Castro neste telexornal:



O alumnado de 4º de ESO do CPI de Pontecesures elaborou unha serie de video poemas baseados en poemas de Nimbos. Seleccionamos o creado por Antía Sanmarco Martínez e Carla Constenla Barral sobre o poema "Nimbos":


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-02-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz preséntanos este vídeo sobre o poeta que lle dá nome ao seu centro e que foi seleccionado pola RAG como homenaxeado para as Letras Galegas 2014:

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 24-06-2013 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
PODEMOS COMENZAR A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE O AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS SEGUINDO ESTA WEBQUEST ELABORADA POLA PROFE VERÓNICA BLANCO QUINTÁS:

http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/40134

Aquí deixamos o enlace da Dirección Xeral de Política Lingüística con carteis e actividades sobre o autor homenaxeado:

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-04-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Un ano máis o CPI dos Dices, de Rois, agasállanos cun entretido e esclarecedor telexornal sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Non deixedes de velo:



Ademais, neste enlace da Real Academia Galega podedes consultar unha biografía moi completa sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano:

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

O Seminario Galán ofrécenos unha exposición de carteis con actividades para traballar en educación infantil e primaria:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 05-04-2013 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA WEB DA XUNTA SOBRE PAZ ANDRADE
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 27-03-2012 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
CELSO EMILIO FERREIRO, UN POETA EXEMPLAR E COMPROMETIDO
6 DE XANEIRO DE 2012, CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO, UN POETA EXEMPLAR E COMPROMETIDO

Por Xabier Ron

Notas biográficas
O 6 de xaneiro de 2012 cumpríronse 100 anos do nacemento dun dos mellores poetas galegos, Celso Emilio Ferreiro, e ese mesmo día, coma homenaxe, poñíase en marcha un blogue dedicado á poesía en galego (www.escollaselectivas.blogaliza.org). Todo é pouco para un poeta de dimensións cívicas extraordinarias e cuxos versos coñeceron unha enorme repercusión e impregnaron a voz doutros poetas dos anos 60 e 70 do século XX, e que teñen hoxe, cando zoa o vento da crise do sistema capitalista, plena vixencia.

Naceu en Celanova no seo dunha familia vencellada ás Irmandades da Fala, ás que pertencía seu pai, e, como el mesmo recoñeceu, tiveron unha gran importancia na súa formación a sensibilidade, o sentimento de xustiza, de liberdade e dignidade que lle transmitía súa nai.

Sempre se amosou coma un poeta comprometido. En 1934, con Pepe Velo, funda en Celanova a Federación das Mocidades Galeguistas. A súa traxectoria verase alterada polo golpe de estado franquista; ao seu pesar, viuse mobilizado polo exército franquista e enviado á fronte de Asturias. Pasa unha longa estadia no hospital de Luarca, en 1938, cando coñece a Moraima, que sería desde entón a súa inseparable compañeira.

O celanovense foi un permanente activista cultural: na década dos 50, con Sabino Torres e Cuña Novás, dirixe a colección poética “Benito Soto”, unha das primeiras experiencias culturais da Galicia de posguerra. O soño sulagado (1954/1955) é o seu primeiro poemario realmente importante. Logo viría, en 1962, a que moitos consideran a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra, (reeditada en versión bilingüe en 1967), cuxos poemas serían musicados por Voces Ceives ou Amancio Prada, entroutros, o que contribuiu a darlle unha enorme dimensión simbólica. De feito, o título da obra é a perfecta metáfora do que representou a ditadura franquista. O seu compromiso reafírmase coa súa participación na fundación da Unión do Pobo Galego (1964) no merendeiro da Rocha, en Compostela.

En 1966, unha mestura de cuestións políticas e económicas lévao a aceptar un traballo en “la Hermandad Gallega” de Caracas (Venezuela). Pero o que se atopou aí foi decepcionante. Esa decepción impregana o seu novo poemario, Viaxe ao país dos ananos (1968), onde o poeta denuncia a deriva social da emigración galega, reaccionaria e paradoxalmente antialega. Esta denuncia supuxo para o poeta unha dura época de ataques, insultos e a unha persecución xeral, ao mesmo tempo que perdía o seu traballo na “Hermandad”. Nesa mesma liña de denuncia sitúanse Cantigas de escarnio e maldecir (1968), Terra de Ningures (1969) e Paco Pixiñas (1970).

En 1973 decide voltar e instálase en Madrid onde traballa como redactor de Tribuna Médica. Convértese na capital nun dinamizador da cultura galega, acadando que penetre na capital do Estado. En 1975, publica Onde o mundo se chama Celanova e en 1978 sae o seu último libro en prosa, A taberna do galo.

Cando ninguén o agardaba, durante as súas vacacións, o 31 de agosto de 1979, o poeta morre en Vigo.
Versos de emoción e acción
Celso Emilio ábrese ao mundo que o envolve. Non pecha os ollos. Ábreos e enchóupase del. Por iso, consciente dos males do seu tempo combina emoción e acción de forma admirable nos seus versos. Só podemos convidarvos a que leades as súas obras. Aquí, vai unha pequena escolleita dalgúns dos seus numerosos versos:


O mundo do futuro
non nos pertence,
o mundo pasado
no desván envellece.
Ó presente me ateño,
a poesía é un arma,
disparemos.
(Onde o mundo se chama Celnanova)

A poesía vive
na temporalidá,
é unha cousa de hoxe,
é un ouxeto humán,
auga, sono, roseira,
rúa, fenestra, man,
vento na noite fonda.
Conversa familiar
(Onde o mundo se chama Celanova)


Vede estas maus de ventos e solpores,
vede como latexan.
Son os froitos acedos
dunha antiga colleita
de medo e de soidá. Sobre min choven
as soidades amargas das estrelas.
(‘Ollaime ben’, O soño sulagado)


Quero morrer eiquí (cando me chegue
a hora da viaxe que me agarda).
Eiquí niste silencio
de pobas arroladas,
niste vento que dorme nos piñeiros
un profundo sono de arelanzas.
(‘Eiquí será’, Longa noite de pedra)

Wall Street, Wall Street
lameiro luminoso
...
Hoxe acadou o mercado de valores
unha gañancia sólida
...
O mesmo día e hora, máis ou menos,
efeutivos de forzas xudiciás
procederon con mai moi pouco branda
a desahuciar cincoenta e seis familias
con débedas de alugueres, por fortuna
xente probe de escaso impedimento
que non dificultou o seu transporte
ó bairro Vilalatas, rente ó río,
alí onde Caracas
convoca as súas cloacas
(Crónica bursátil, Antipoemas, 1972) Versos actuais. O sistema capitalista reproduce as mesmas situacións de explotación e desigualdade. Denunciar este sistema é unha responsabilidade moral para o poeta.


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
(Longa noite de pedra)


Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentres o tomo, espero.
(‘Monólogo do vello traballador’, Longa noite de pedra)











Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 26-03-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal