o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DOUS NOMES PARA UN NOVO CURSO: CASARES E BOROBÓ
Iniciamos o curso 2016/2017 dando a coñecer un pouco máis de dúas personalidades sobranceiras da cultura galega: o homenaxeado das Letras Galegas 2017, Carlos Casares, e o xornalista e escritor cesureño Raimundo García "Borobó", cuxo centenario se celebra este ano.

De Borobó presentámosvos esta pequena entrevista e o artigo que trata sobre el en wikipedia.
Comezou a súa carreira a facer un xornal durante a Guerra Civil, pero entre nós é lembrado especialmente polo seu traballo no xornal "La Noche", bastión da cultura galega no noso país durante a posguerra ou pola fundación da revista "Chan". Borobó continuou a escribir infatigable, colaborando con publicacións coma "Galicia Hoxe" ou "A Nosa Terra" ata a súa morte en 2003



https://gl.wikipedia.org/wiki/Borob%C3%B3



E de Carlos Casares temos o completo artigo da wikipedia:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-09-2016 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2016: ANO DE MANUEL MARÍA

O 7 de abril o alumnado participante no club de lectura e de 4º de ESO realizou unha excursión á Terra Chá, patria literaria e biográfica de Manuel María, co obxectivo de visitar a súa Casa-Museo e outros lugares emblemáticos para entender a súa obra: As Penas de Rodas, a Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei e o Castro de Viladonga.

Carballeira de Santa Isabel

Penas de Rodas

Casa Museo de Manuel María

Castro de Viladonga

Como homenaxe, deixamos este videopoema baseado na "Cantiga da romaxe de Santa Isabel"



Ollade este videopoema creado por Sofía Rarís Frois coa voz do propio escritor recitando o poema "Rosas":



E aquí tedes estoutro videopoema creado e recitado por Micaela Amarelle García, que se baseou nunha antoloxía de versos do poemario "Terra Cha":



Deixámosvos aquí algunhas ligazóns de interese para pescudardes información sobre a súa biografía e a súa obra:


Páxina web da Fundación Manuel María, que inclúe interesantes unidades didácticas pensadas para E. Infantil, E. Primaria e ESO sobre o autor homenaxeado:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm

Páxina do autor na páxina da Biblioteca Virtual Galega:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManFern%E1&alias=+Manuel+Mar%EDa

TELEXORNAL SOBRE MANUEL MARÍA DO CPI DOS DICES (ROIS)




ACTIVIDADES EN LIÑA PENSADAS PARA AS AULAS DE E. INFANTIL E E. PRIMARIA ELABORADAS POLO SEMINARIO GALÁN:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 08-04-2016 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS
2015 despídese este ano cunha triste ausencia: a de Xosé Neira Vilas, un dos máis prolíficos escritores en lingua galega, que cativou a varias xeracións coas historias de Balbino, todo un símbolo da reivindicación da dignidade dos máis desfavorecidos, da cultura rural e do galego. Deixámosvos este LIM deseñado dende o CEIP Frián (Teis, co desexo de que manteñamos vivo o seu legado literario.

http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-12-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
RELATO COLABORATIVO
Esta historia naceu no maxín dos máis pequenos do noso colexio e foi medrando conforme subía de curso. Os de 6º de primaria puxéronlle o remate e aí está para que o leades.


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 03-06-2015 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA "PRESUME DE GALEGO" POLAS LETRAS GALEGAS
Con motivo do Día das Letras, dende a CGENDL propóñennos difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio. Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade.

O vídeo pode ser compartido nas redes e enviado por medio do correo electrónico, así como ser descargado para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina:

http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/comparte.php

O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-05-2015 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015: FILGUEIRA VALVERDE
Na páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización, recóllense varias ligazóns a páxinas de interese para coñecer mellor o homenaxeado deste ano, destinadas dende ao alumnado de infantil, como ao de primaria e sencundaria:

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 26-04-2015 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal