o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTONO 2015 NO CPI DE PONTECESURES
Rosa Nodar déixanos esta presentación que recolle as actividades que se fixeron no noso centro neste outono: exposición de froitos do outono, mostra das cabazas decoradas polo alumnado polo Samaín, entrega de premios do Concurso de Relatos de Terror e a celebración do magosto.

Comentarios (0) - Categoría: MAGOSTO - Publicado o 26-11-2015 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTÁN NA REDE AS COPLAS DO MAGOSTO CANTADAS POLO ALUMNADO DE 4º
Comentarios (1) - Categoría: MAGOSTO - Publicado o 13-01-2014 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
O CASTIÑEIRO, A CASTAÑA E O MAGOSTO
Interesante presentación para traballar esta celebración tradicional nas aulas feita polo CEIP de Monforte de Lemos.

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Castineiro_Castana_Magosto.pdf
Comentarios (0) - Categoría: MAGOSTO - Publicado o 15-10-2013 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal