o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VÍDEO DE EDUCACIÓN INFANTIL PRESENTADO AO CONCURSO DO CORRELINGUA:

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 25-06-2018 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2017
O 8 de maio fomos toda a ESO ao Correlingua a Santiago para dicir, un ano máis, que ao galego non lle debemos pór cancelas. Comezou a actividade ás 11 co percorrido polas rúas da cidade vella, logo regresamos á Quintana, onde se entregaron e se leron os premios de manifesto e banda deseñada, e finalmente actuou o grupo gañador do Cantalingua deste ano.
O alumnado participante completou a xornada polas rúas da cidade, gravando por equipos breves vídeos que amosan a situación do galego na cidade. En breve amosaremos algún dos resultados.


Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 12-05-2017 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
BANDA DESEÑADA DE 2º B DE E. PRIMARIA PARA O CORRELINGUA 2017
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 19-04-2017 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEOS PRESENTADOS NO NOSO CENTRO PARA O CORRELINGUA 2017
Este ano o alumnado e o profesorado do noso centro colaborou moi activamente nos concursos propostos pola organización do Correlingua. O lema era "En galego, sen cancelas· e estas foron as propostas que enviamos dende o CPI de Pontecesures

Vídeo de E. Infantil:



Vídeo de 1º de E. Primaria:



Vídeo de 2º A de E. Primaria



Vídeo presentado por alumnado de 2º de ESO

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 19-04-2017 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2017: EN GALEGO, SEN CANCELAS
Comeza unha nova edición do Correlingua, este ano baixo o lema "En galego, sen cancelas". Non hai razóns para que o galego siga practicamente excluído de ámbitos como a xustiza, a prensa escrita, a publicidade, o comercio... nin das conversas da maioría da poboación infantil e xuvenil. Inverter esta tendencia é o noso reto.

Como outros anos, xa se convocaron os distintos concursos de manifesto, vídeo, banda deseñada e canción, polo que vos animamos a que concorrades a todos eles.

Nesta ligazón tedes as bases:

http://www.correlingua.gal/bases
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 13-01-2017 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2016

O 2 de maio participamos toda a ESO no Correlingua de Pontevedra, reivindicando festivamente unha longa vida para o noso idioma. Paseamos pola cidade, asistimos á lectura do manifesto gañador deste ano, escoitamos a música de Liviao de Marrao e fixemos unha simbólica solta de globos. Ao finalizaren os actos, rastrexamos pola cidade a presenza do galego en todo tipo de textos escritos, que foron fotografados polo alumnado co obxectivo de elaborar logo carteis que expoñeremos nos corredores do centro.

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 04-05-2016 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal