o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APRENDEMOS MÁIS SOBRE O ENTROIDO
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística pon ao noso dispor todos estes enlaces de interese para aprendermos máis sobre o entroido en Galicia e noutros lugares do mundo.

http://coordinadoraendl.org/entroido/ant3_1.php
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 15-01-2016 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
O ANTROIDO MOVE O CORPO
Dende o ENDL dámoslle a benvida ao tempo de Entroido con esta movida canción de Paco Nogueiras do seu último disco "Brinca vai".




As unidades didácticas sobre os Xenerais do Ulla que publicaron os concellos onde se celebra este entroido tradicional son moi interesantes para traballar nas aulas de primaria e infantil . As unidades pódense descargar en:

http://www.xeneraisdaulla.com/index.php/ca/recursos-didacticos

A páxina de Política Lingüística da Xunta de Galicia incorpora moitos enlaces educativos sobre o entroido galego. Preme na seguinte ligazón para consultala:

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2015 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
UN NOVO ENTROIDO ÁS VISTAS
Interesante enlace con moitas actividades para difundir a especificidade do noso entroido:

http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 04-02-2014 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
OS XENERAIS DO ULLA
Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente. Unha mostra desta riqueza recóllese nesta presentación:



Este ano, dado que a biblioteca do centro organizou un traballo interdisciplinar arredor do río Ulla, dende o equipo decidimos dar a coñecer o entroido tradicional máis próximo a nós, o dos XENERAIS DA ULLA. Neste texto atoparedes información sobre como se desenvolve o entroido nesta comarca:

http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/actientroido10/arquivosvarios/OS%20XENERAIS%20DO%20ULLA.pdf

Os Xenerais percorren todas as
casas da parroquia, acompañados dun membro da comisión organizadora que é o
encargado de recoller a achega económica de cada persoa que recibe unha viva, ben
sexa da parroquia ou de fóra desta. Na eira de cada veciño o Xeneral lanza unha
viva ó xefe de familia. Exemplo DUN "VIVA" DOS XENERAIS DA ULLA NA FESTA DA FILLOA EN LESTEDO:



OS "CORREOS" son os encargados de
anunciar coa súa presenza a chegada da comparsa ás aldeas. Neste vídeo anuncian un "atranque" entre xenerais:



Pero do que non nos podemos esquecer ó falar dos Xenerais do Ulla é do verdadeiro
encontro entre xenerais, coñecido como Atranque ou Alto, tamén chamados
“encontros” e “saltos”. Este é un dos intres máis esperados por todos. Trátase
dunha loita dialéctica entre dous ou máis xenerais que pertencen a bandos opostos,
dialéctica que irá subindo de ton, sendo as palabras cada vez máis aldraxantes e
duras. Mais polo xeral todos os atranques nos seus diversos tipos teñen a mesma
base: representan o enfrontamento entre dous bandos, que terminan por facer as
paces e exaltar a amizade. Exemplo dun "ATRANQUE" ou "ALTO" na Festa da Filloa en Lestedo:



Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO GALEGO
Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente. Unha mostra desta riqueza recóllese nesta presentación:

O Entroido
View more PowerPoint from jspazos7



Vídeo moi completo elaborado no IES Lagoa de Antela sobre o significado, a orixe e as características do entroido de Xinzo de Limia, con imaxes das pantallas polas rúas da vila, do lanzamento de olas no domingo oleiro e da fariña espallada no domingo fareleiro:

Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 17-02-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES E XOGOS SOBRE O ENTROIDO GALEGO
http://www.coordinadoraendl.org/2011entroido/index.php
Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 24-01-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal