o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
TEdes nesta páxina web da DXPL actividades para o IV Día da Ciencia en Galego:

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_2013


No noso centro sumámonos un ano máis ás videoconferencias organizadas pola CGENDL. A de primaria correu a cargo de Marilar Aleixandre e versou sobre os insectos. Na de secundaria, Jorge Mira explicounos como medían os gregos as distancias da Terra á Lúa e ao Sol. Deixamos unha foto do evento, pero tedes máis na fotoblogoteca
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 08-11-2013 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
II DÍA DA CIENCIA NO CPI DE PONTECESURES
O curso pasado comezabamos as clases coa posta en marcha do chamado Decreto de Plurilingüismo que por primeira vez dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística vetaba o uso do galego en determinadas materias da rama científica. Dende os ENDL queremos mostrar o noso desacordo un ano máis con esa medida celebrando esta xornada reivindicativa, lúdica e didáctica o 4 de novembro. Este será o programa co que nos sumaremos ao evento dende o noso centro:

PRIMARIA:
10.30-11.30: VIDEOCONFERENCIA NA BIBLIOTECA: “O VALOR DOS BOSQUES NA SOCIEDADE ACTUAL”, Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural de Santiago.

Ao longo de todo o día poderanse realizar os experimentos de físicos propostos na unidade "Ciencia divertida" polo CEIP Virxe da Cela, de Monfero

SECUNDARIA:
12.30-13.30: VIDEOCONFERENCIA PARA 3º E 4º DE ESO: A INVESTIGACIÓN XENÉTICA NA PRÁCTICA POLICIAL”, Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal da USC.
1º recreo: Todo o alumnado da ESO poderá quedar no corredor de secundaria para ver a exposición “Entre moléculas”
13.30 a 13.55: Xogos matemáticos para 3º e 4º da ESO no corredor da ESO.
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 28-10-2011 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
VENRES, 4 DE NOVEMBRO DE 2011

Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco
polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da
Química imos dedicarlle un apartado especial ao lume e á combustión en
xeral. Tamén se conmemora o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona...

ACTIVIDADES QUE NOS PROPOÑEN DENDE O CEIP VIRXE DA CELA DE MONFERRO PARA CELEBRAR ESTE DÍA

Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 24-10-2011 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
VENRES, 4 DE NOVEMBRO DE 2011

Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco
polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da
Química imos dedicarlle un apartado especial ao lume e á combustión en
xeral. Tamén se conmemora o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona...

ACTIVIDADES QUE NOS PROPOÑEN DENDE O CEIP VIRXE DA CELA DE MONFERRO PARA CELEBRAR ESTE DÍA

Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 04-10-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal