o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
O pasado sábado 10 de marzo, pais/nais e profesores, xunto ao alumnado seleccionado no CPI de Pontecesures para o concurso de recitado de poemas de Manuel María e Rosalía de Castro, acudimos a Outeiro de Rei, onde se atopa a Casa Museo de Manuel María, para participar na fase final do certame que esta fundación organiza cada ano. Realmente quedamos moi emocionados co recitado que realizaron os nosos alumnos/as ese día, así como da alta calidade en xeral dos demais concursantes. Unha experiencia enriquecedora que nos gustaría repetir. Ollade os vídeos dese día:



O ALUMNADO DE 1º de E. Primaria recita "Galicia", de Manuel María.



Blanca García Mosquera de 1º de ESO recita "Negra sombra" do libro Follas Novas de Rosalía de Castro.



Carmen Caldelas Magán recita "Silencio", do libro Follas Novas de Rosalía de Castro

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 20-03-2018 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CPI DE PONTECESURES
O xurado do I Certame de Fotografía CPI de Pontecesures acordou seleccionar, entre as 21 participantes, a fotografía presentada por Carmen Caldelas Magán como gañadora. Será a foto, polo tanto, da portada da axenda escolar do próximo curso. Noraboa pola calidade do traballo
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 23-02-2018 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
Onte celebramos no CPI de Pontecesures a fase previa de concurso no centro e o xurado elixiu por unanimidade os seguintes participantes para a fase final, que se celebrará o sábado 10 de marzo na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei:

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Titora Isaura Abril Magariños. Poema que recitarán: "Galicia", de Manuel María.

Alumnado: Adán Agrasar Crespo, José Manuel Agrasar Rodríguez, Tania Barreiro Mariño, Noa Bustelo Carlés, Manuel Castiñeiras Monteagudo, Emily García Mata, Darío, Gil Santiago, Adrián Gómez Sanmarco, Marco González González, Martina López Doce, Antía Pérez Becerra, Miguel Quintáns Janeiro, Iria Troitiño García, Aarón Vieites Vidal, David Vieites Vidal e Manuel Vilas Fernandes.

ALUMNADO DA ESO: Profesor acompañante: Xesús Amboaxe García

Gañadoras do concurso no centro:

-Blanca García Mosquera (1º de ESO), co poema: "Negra sombra", Follas Novas, Rosalía de Castro.

-María del Carmen Caldelas Magán (1º de ESO) co poema: "Silencio", de Follas Novas de Rosalía de Castro.

Noraboa aos premiados e a todos os participantes. En breve publicaremos os vídeos das intervencións dos participantes.
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 23-02-2018 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA PARA ELABORAR POSTAIS ELECTRÓNICAS DE NADAL

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 15-11-2011 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal