o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODA UNHA DEFENSA DO GHALEGHO DE AQUÍ
Uns mozos de Dodro fan neste vídeo unha acendida defensa das variantes dialectais da nosa zona:



Por alusións, dende Ribadeo completan o vídeo anterior con estoutro:

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 27-10-2014 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS ANDROID EN GALEGO
Google ofrece tras unha campaña de dirixida polo colectivo "Mallando no Android" que este sistema operativo se ofreza tamén por defecto en galego:

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/8032/android-en-galego-o-activismo-a-prol-da-lingua-impresiona-a-google/
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 17-10-2014 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO E AS REDES SOCIAIS
Unha de cal e outra de area: congratulámonos de que o galego sexa un dos idiomas máis usados nas redes sociais, pero mágoa que o xornal La Voz de Galicia siga amosando tanto desleixo no uso do noso idioma, con erros que veredes no artigo que non se perdoarían na edición en castelán:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2014/10/05/galego-e-unha-das-26-linguas-mais-usadas-nas-redes-sociais/0003_201410G5P64992.htm
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 07-10-2014 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO GRAFFITI NO CPI DE PONTECESURES
Este curso o alumnado do ENDL do CPI de Pontecesures decidiu participar nun novo obradoiro de graffiti impartido polos integrantes do grupo Dios que te crew, esta vez deixando a súa pegada no patio de infantil. Seleccionamos como motivo iconográfico as tres mascotas máis coñecidas do noso centro: o trasno paroleiro, do Equipo de Normalización, Cesurín, o Equipo de Actividades deportivas, e Xirilé, do Equipo de Biblioteca. A mensaxe é, como no anterior graffiti, de ánimo para que nos sumemos a un maior emprego da nosa lingua no día a día. Deixámosvos unha foto do evento e tedes máis na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 26-05-2014 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA CANLE DE TV EN GALEGO
Nace a canle de televisión Nós. Este é o vídeo de presentación:

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 11-10-2013 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
LIPDUB "SUBE AO TREN DA LINGUA!"
Aquí presentamos o lipdub gravado no CPI de Pontecesures a partir da canción "O tren" de Andrés Dobarro. Con el queremos animarvos a "subir" ao "tren" do galego para que este viva as vinte mil primaveras que lle desexaba A. Cunqueiro. A nosa lingua debe estar presente na rúa, no cine, na rede, na música, nos medios de comunicación... Asemade é unha humilde homenaxe a un cantante que, en pleno franquismo, levou o galego ás listas de éxitos da música pop. Moitas grazas a tod@s polo esforzo e esperamos que vos guste o resultado final:

Comentarios (1) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 09-04-2013 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal