o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
O xoves 14 de marzo tivo lugar na Biblioteca do CPI de Pontecesures a primeira fase do Concurso de Recitado de Poemas de Rosalía de Castro e Manuel María coa participación do alumnado de 1º, 2º de E. Primaria e de diversos cursos da ESO. Eliximos os representantes dos cursos de primaria e da ESO que acudirán á segunda fase do certame na Casa Museo de Manuel María o sábado 6 de abril.


Concurso de Recitado de Poemas no CPI de Pontecesures by trasnoparoleiro on Scribd




No caso da categoría de 1º e 2º de E. Primaria, o xurado elixiu como gañadores a:

-O grupo de 1º de E. Primaria que recitou o poema "O chifre", de Manuel María.

-Emily García Mata, de 2º de E. Primaria que recitou o poema "O soñador" de Manuel María.


Na ESO, as seleccionadas foron:

-Carmen Caldelas Magán, que recitou o poema de Rosalía de Castro, "Meus pensamentos, cal voás tolos...!

https://drive.google.com/open?id=1FtnsC6Hmsr0UALGOWUVY0CPLfBCRX7Hy

-Blanca García Mosquera, que recitou o poema de Rosalía de Castro "Cada noite eu chorando pensaba".


https://drive.google.com/open?id=11Xd0zUTX4-PZjBnKoLoN5lob09Yr1hRT

-Pilar Antonella Morison Rey , co poema de Rosalía "Silencio".

https://drive.google.com/open?id=1sXANF8YIkqb_hCJTbfXtL1IwadtmryNj

Nerea, co poema "Ben sei que non hai nada":

https://drive.google.com/open?id=19IRbyEIfiKppia0w3zjTMGRD04exsVv8

Adriana, co poema "A fala", de Manuel María

https://drive.google.com/open?id=1o1X1DXc9vin7hY9Hm_GpeShMbz6UH6HY

Andrea, co poema "Este vaise e aquel vaise":

https://drive.google.com/open?id=1yUpqZod8ACYAFvftFva9-g1Wv0Mm84Tz

Iván, co poema "O carro" de Manuel María:


https://drive.google.com/open?id=1eYmNNeRzeC6ys9ub8q3k3JO48AdG4Pvx

Noélani, co poema "Que pasa ao redor de min?":

https://drive.google.com/open?id=1cf_CeFsmgLoTIWhUoZGpUG-erZn9aCKe

Paula, co poema "No ceo, azul crarísimo":

https://drive.google.com/open?id=1MXItCKfGgRIdPo4do1LwEuG6SUt5bwBz

Amèlie, co poema "Follas novas, risa dame":

https://drive.google.com/open?id=1E4MfYqI2TXHPmOi3TSkLAUTc2hzm3ZS4
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 12-03-2019 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE GRAFFITI NO CPI DE PONTECESURES
No último día de clase antes das vacacións de Nadal organizamos no noso centro un obradoiro de graffiti, impartido polo Colectivo Mutante Creativo, que xa realizou outros murais no centro outros cursos con excelentes resultados. Este ano o tema elixido foi o mar, dado que é o asunto sobre o que trata o proxecto interdisciplinar posto en marcha pola Biblioteca do centro. O alumnado que colabora habitualmente nas actividades que organiza o EDLG do CPI foi o que participou na actividade.





Mares e Océanos by on Scribd

Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 11-01-2019 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aproveitamos esta data para publicar un vídeo elaborado por un grupo de alumnos/as do noso centro, que procura sensibilizarnos sobre a violencia a que están sometidas moitas mulleres.

Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 22-11-2018 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
TÍTERES NO CPI DE PONTECESURES
Para pechar o curso académico 2017/2018 acudiu ao centro de novo a compañía Viravolta Títeres, que representou a obra "Cocer e Cantar" para o alumnado de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Como en anos anteriores, todo un éxito!
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 26-06-2018 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CPI DE PONTECESURES
O EDLG do CPI de Pontecesures anímavos a que participedes neste primeiro concurso de fotografía convocado no noso centro que pretende fomentar o voso espírito creativo e o voso interese polo entorno máis próximo.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. As fotografías serán orixinais e inéditas, poderán ser en cor ou branco e negro e admiitirase a transformación e a manipulación dixital das mesmas. Así mesmo poden presentarse fotografías pintadas ou decoradas polo autor/a e que inclúan unha lenda en galego cun máximo de 30 palabras.
2. A temática xirará arredor do concello de Pontecesures, dos seus lugares e paisaxes emblemáticos, das actividades profesionais tradicionais nel ou, particularmente, do CPI de Pontecesures. En caso de que incorporen a imaxe de persoas, acompañarase dunha autorización asinada das mesmas que permita a súa publicación no blog do EDLG e na axenda escolar do próximo curso.
3. Poderá participar a título individual calquera alumno/a matriculado/a nalgún curso da ESO do CPI de Pontecesures, presentando unha única foto.
4. As fotos presentaranse en formato JPG nunha memoria USB antes do venres 9 de febreiro .
5. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do EDLG.
6. O fallo do xurado farase público a través do blog “O trasno paroleiro “ o día 23 de febreiro
7. O premio consistirá na publicación da fotografía na portada da axenda escolar do próximo curso.
8. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 24-01-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
De cara a esta data, necesaria para que nos deteñamos a revisar patróns educativos sexistas que imos asimilando dende pequenos/as, deixamos este mapa conceptual para a reflexión na aula:



Este ano, ademais, adxuntamos aquí a ligazón á obra dunha artista, Yolanda Domínguez, que nos axuda a analizar comportamentos que asumimos no día a día como normais e supostamente inocentes, mais que están detrás da desigualdade de xénero e, á súa vez, da violencia de xénero.

http://www.yolandadominguez.com/project/preludios-2012-2/

Propuxémoslle ao alumnado da ESO a realización dunha serie de fotografías cun pé valorativo sobre este tema e aquí vos presentamos algún dos traballos que máis nos gustaron:

Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 25-11-2016 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal