o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FINALIZAMOS O CURSO CON MONICREQUES PARA E. INFANTIL E OS MÁIS PEQUENOS DE E. PRIMARIA
Para finalizar o curso, o alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de Primaria que participou na realización dos vídeos que enviamos ao concurso do Correlingua, tivo a sorte de desfrutar dunha actuación en directo dun dúo de TITIRITEIROS, Viravolta Títeres, que os agasallou con diversas historias narradas e musicadas, que tiñan sempre como acompañamento unha pequena cantiga pegadiza que enganchaba dende a primeira nota.

Cada historia tiña como protagonistas a títeres de diferentes estilos: de luva, marionetas, articulados...

Puidemos ver distintas escenas: trenzando cintas arredor dun pao cun títere na punta, vendo como ao son da cantiga o cura se achegaba á criada, observando os cachiporrazos que se daban estes monicreques, a do esqueleto que morreu cavando o túnel do monte navallo de Lalín para que pasara o tren e abraiándonos coas acrobacias no trapecio de Bartolo Bartoluchi.

Rimos sen parar e gozamos de cada relato. Ao final vimos a famosa historia de "As vodas do tío Perico", na que o galo Quirico é o protagonista.



http://aauladebere.blogspot.com.es/2017/06/titiriteiros.html
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. INFANTIL - Publicado o 23-06-2017 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
CANCIÓNS PARA OS MÁIS PEQUENOS
Recompilación de canción feitas por e para @s pequen@s

http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php

Poderedes escoitar vídeos musicais coma este:

~

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. INFANTIL - Publicado o 03-05-2012 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal