o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VII Certame do Samaín 2019
VII CERTAME DO SAMAÍN

Un ano máis, a Biblioteca e o EDLG do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis fascinantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos, cómics, debuxos e videos, serán orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. Temática: “O Samaín é o fío conductor e o límite a túa imaxinación.”
3. Haberá cinco categorías, con cadanseu premio:
a. Infantil
b. 1º ciclo
c. 2º ciclo
d. 3º ciclo
e. ESO. * O alumnado premiado da ESO será incluído nunha saída didáctico-cultural de fin de curso.
4. Os traballos poden ser individuais ou grupais.
5. Os relatos e cómics terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
Na modalidade audiovisual, a curtametraxe gravada terá como máximo cinco minutos de duración.
Os debuxos deben levar o lema “ Samaín 2019”
6. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesorado do EDLG da ESO
( Luisa e Patricia) seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos á coordinadora do EDLG antes do venres 18 de outubro.
7. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do EDLG e da Biblioteca.
8. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o martes 29 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.
9. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca do CPI de Pontecesures.
10. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.











VII Concurso do Samaín
Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 02-10-2019 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL FIN DE CURSO EN 2º E. PRIMARIA








Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 27-06-2019 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN DE FIN DE CURSO DOS TÍTERES "VIRAVOLTA"
O venres 21 de xuño ás 10 hs virán á Biblioteca do noso centro, outro ano máis, os Títeres Viravolta. Nesta ocasión interpretarán a peza "O cego dos monifates: romance de cans", un espectáculo baseado no relato de María Victoria Moreno titulado "Can branco, can negro", mais tamén na tradición dos romances de cego que se escoitaban antigamente nas feiras e festas. Nesta ligazón podedes escoitar o conto de María Victoria Moreno nunha versión radiofónica de Radiouvín:

https://www.ivoox.com/25898165

Tedes máis información sobre o espectáculo nesta ligazón:

https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/o-cego-dos-monifates/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 04-06-2019 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DE ANTÓN FRAGUAS

Visita do CPI de Pontecesures ao Museo Pobo Galego by trasnoparoleiro on Scribd

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-05-2019 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A GROBAS E FENTEIRA

Excursión a Grobas e Fenteira by trasnoparoleiro on Scribd




PUBLICAMOS AQUÍ O VÍDEO QUE SE GRAVOU NESTA SAÍDA PARA O PLAN PROXECTA DE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE, NO QUE COLABOROU O EDLG DO CPI DE PONTECESURES


Foise co fento from Enrique Villanueva on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 23-05-2019 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2019: "O GALEGO É A FÓRMULA"

CORRELINGUA, 2019 by trasnoparoleiro on Scribd

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 23-05-2019 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal