o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARTEL GAÑADOR DO SAMAÍN 2017
O Departamento de Plástica conxuntamente co EDLG do CPI de Pontecesures elixiu o cartel presentado a concurso por Telmo Portas González, de 4º de ESO, como gañador do certame deste ano. Dende aquí dámoslle a noraboa a Telmo e felicitamos tamén a todos/as os/as participantes.

Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 16-10-2017 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
V CERTAME DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR
O ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
a) E. Infantil
b) 1º e 2º E. PRIMARIA
c) 3º e 4º E. PRIMARIA
d) 5º e 6º E. PRIMARIA
e) ESO
f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
g) Modalidade de cartel anunciador do evento.
4. A participación de infantil e 1º e 2º de primaria poderá ser cun relato breve, unha videocreación ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do venres 20 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na biblioteca do centro o día 31 de outubro, ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

IDEAS PARA A ENTREGA DE PREMIOS


Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 27-09-2017 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
FINALIZAMOS O CURSO CON MONICREQUES PARA E. INFANTIL E OS MÁIS PEQUENOS DE E. PRIMARIA
Para finalizar o curso, o alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de Primaria que participou na realización dos vídeos que enviamos ao concurso do Correlingua, tivo a sorte de desfrutar dunha actuación en directo dun dúo de TITIRITEIROS, Viravolta Títeres, que os agasallou con diversas historias narradas e musicadas, que tiñan sempre como acompañamento unha pequena cantiga pegadiza que enganchaba dende a primeira nota.

Cada historia tiña como protagonistas a títeres de diferentes estilos: de luva, marionetas, articulados...

Puidemos ver distintas escenas: trenzando cintas arredor dun pao cun títere na punta, vendo como ao son da cantiga o cura se achegaba á criada, observando os cachiporrazos que se daban estes monicreques, a do esqueleto que morreu cavando o túnel do monte navallo de Lalín para que pasara o tren e abraiándonos coas acrobacias no trapecio de Bartolo Bartoluchi.

Rimos sen parar e gozamos de cada relato. Ao final vimos a famosa historia de "As vodas do tío Perico", na que o galo Quirico é o protagonista.



http://aauladebere.blogspot.com.es/2017/06/titiriteiros.html
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. INFANTIL - Publicado o 23-06-2017 11:26
# Ligazón permanente a este artigo


Despedimos o curso 2016/2017 con esta canción de Guezos e os nenos do CEIP Otero Novas de Cortegada interpretan "Quixera", unha canción que fala de como lles gustaría que fora o seu entorno aos nenos da zona rural do Ribeiro.
"Quixera" é o desexo dun mundo ideal, un mundo cheo de nenos, xuventude, respecto polo medio ambiente e paz, un obxectivo ben ilusionante.
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 23-06-2017 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
AS LARANXAS, MÁIS LARANXAS, DE TODALAS LARANXAS
O alumnado de 2ºA e 2ºB do CPI de Pontecesures adaptou a obra teatral do escritor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Carlos Casares. Esta é unha das representacións que fixeron na biblioteca d o centro.



Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 05-06-2017 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
1000 NENOS E NENAS DE FERROL CANTAN CON GUADI GALEGO
"CHEA DE VIDA", UNHA DAS CANCIÓNS DE GUADI GALEGO, CANTADA POR MIL NENOS/AS DA COMARCA DE FERROL

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 16-05-2017 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal