tralovalo de moreira


Musica tradicional galega. Grupo de gaitas.

border="0" alt="Contadores Web">


Contador Web

tralovalodemoreira@hotmail.com
 CATEGHORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOJS GHALEGOS
 ARQUIVO

SERÁN MOREIRA 2.010

Amigos como imaxinamos que xa sabedes o vindeiro 13 de Marzal celebraremos o noso serán organizado polo grupo Tralovalo e que terá lugar na casa do pobo de Moreira (Soutomaior) a partires das 9:30 da noite.
Agardamos vervos a todos por alí para disfrutar unha vez máis dunha noite chea de canto, baile e música tradicional.
Non faltedes.
Biko$++++
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 10-03-2010 13:45
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Carlos do Viso no Alalá
Quen non coñece a Carlos do Viso...
Podemolo ver se premedes no link de ahí abaixo..
Quedamos todos moi gratamente sorprendidos o ver os nossos amigo Pereira, Pepiño, Pedrán,...
Uns fenómenos...

Alalá - Carlos do Viso
Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 05-02-2010 15:09
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
II Serán de Silvoso
Os Asubíos de Silvoso de novo organizando Serán.
Según comentarios deixaron o do viño para o último día.. Cousa rara neles..
Pois nada, quedades convidados todos e esperamos que todo sexa do vosso agrado.

Moitos bicos compañeiros.
Saúdos
Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 30-12-2009 09:56
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O noso Pereira
O noso amigo Pereira da Insua. Non pode faltar onde se fale de musica tradicional galega e de gaiteiros de pechado.

Todos ó Heicho de Dar Queridiña da Insua.
Saúdos
Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 25-11-2009 21:36
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SAMAÍN 09

Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 30-10-2009 10:11
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Falar a fala nai
Lémbrate dos teus avós, dos teus pais,
das túas raíces. Non esquezas nunca a
túa identidade.
Espero que vos goste o seguinte poema
de Celso Emilio Ferreiro.


DEITADO FRONTE AO MAR...


Lingua proletaria do meu pobo
Eu faloa por que sí, porque me gosta,
Porque me peta e quero e dame a gaña;
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Dunha tristura áceda que me abrangue
Ao ver tantos pantufos desleigados,
Pequenos mequetrefes sen raíces
Que ao pór a garavata xa non saben
Afirmarse no amor dos devanceiros,
Falar a fala nai,
A fala dos avós que temos mortos,
E ser, co rostro erguido,
Mariñeiros, labregos da linguaxe,
Remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa por que si, porque me gosta
E quero estar cos meus, coa xente miña,
Perto dos homes bos que sofren longo
Unha historia contada noutra lingua.
Non falo para os soberbios,
non falo para os ruíns e poderosos,
non falo para os finchados,
non falo para os estúpidos,
non falo para os baleiros,
que falo para os que agoantan rexamente
mentiras e inxustizas de cotío;
para os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
De tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
Berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
Deitada rente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro
Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 22-10-2009 08:43
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡¡¡¡¡¡ QUEREMOS GALEGO !!!!!

Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-10-2009 12:12
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN MOREIRA 2010
Bueno amigos por fin xa puxemos a data para celebrar o noso tradicional serán, como cada ano organizado, financiado e traballado polos membros de TRALOVALO (sin esquecer a inestimable axuda dos nosos incondicionais).
Será o día 13 de Marzo do 2010. Faremos carteis e anunciarémolo nos vindeiros seráns que xa se aveciñan e nos que esperamos participar.
Agardamos vervos por aquí.
Manterémosvos informados.
Un saudo amigos.
Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-10-2009 11:34
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Baixando prá Salgueira
Estamos a montar nova peza rapaces.
Neste link podedes ver como a interpretan no Furancho da Balsa en Vigo.

Saúdos.
Preme eiquí pra ver vídeo.
Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 14-10-2009 09:21
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tempada 2.010
24 Outubro: Serán en Mondariz, no Pavillón Municipal

31 Outubro: Serán do Samaín en Redondela, na Alameda.

7 Novembro: Serán en San Martiño de Ventosela (Redondela)

13 Novembro: Serán en Moraña

14 Novembro: Serán en Sobradelo (Vilagarcía)
Serán urbano de Pontevedra
Serán en Frades (Mondaríz)

28 Novembro: Serán en Saxamonde
Ruada en Cuspedriños

21 Novembro: Serán no Casino de Calvos (Fornelos de Montes)

5 Decembro: Serán no Val-Sobral (Soutomaior)

7 Decenbro: Serán en Regodobargo (Pontecaldelas)

12 Decembro: Fiada de Vilaboa (na casa da cultura de Riomaior)

2 Xaneiro: II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

16 Xaneiro: Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 Febreiro: Serán en Oliveira (Ponteareas)

6 Marzo: Serán en Laxoso (Pontecaldelas)

13 Marzo: Serán en Moreira (Soutomaior)

10 Abril: Serán en Fozara (Ponteareas)

1 Maio: Serán no Coello (Lourido- Soutomaior)

8 Maio: Serán do lecer en Pazos de Borbén

15 Maio: Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 05-10-2009 10:22
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2º SERAN DE SILVOSO
E como non, nesta nova tempada, os atrevidos jaiteiriños de Silvoso, animánse a organizar, ou máis ben desorganizar un novo acto de emborrachamento, bailamento e como non "tocamento".

A data elexida e o día 2 de Xaneiro do novo ano 2010. Esperemos que o tempo respete mais este día
que no ano pasado...

Pois nada irémosvos informando sobor da comida a
comer, a bebida a beber (que non falte aujardente) e dos "instrumentos a tocar"...

Saudos
Asubíos de Silvoso

Son á miña dereita Pispés coa jaita na mán, Chen bombeiro apajalumes, Enrique rachando a pandeireta, Pilotiño que é bo rapás e Pablo que lle justa máis o bar que o escenario..

(fusionados en ocasións cos Jaiteiros das Cortellas, véxase Adrián alias Makay e Marcos alias Son os das veijas..)

(Tamén fusionado coas pandereteiras mais panderetudas de toda a montaña de Moreira, Charito e como non Aniña (un ceo de rapaza, e a miña moza....))
Caralladas (2) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 17-09-2009 20:10
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Noite da Lúa Meiga
Caralladas (6) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 20-08-2009 08:14
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VI FESTA DO MUIÑO DO VERDUGO

Caralladas (2) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 20-06-2009 10:44
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornada de Bailes Agarrados
Caralladas (3) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 30-05-2009 10:37
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN EN NESPEREIRA
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 15-05-2009 19:17
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FESTA DO MUIÑO DE COIRO (CANGAS)

Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 02-05-2009 12:35
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Este vindeiro sábado día 2 de Maio non esquezades que temos todos unha dobre cita nocturna nas que a música, o baile e sobre todo a boa compañía non vai faltar.
Hai que repartirse.......pero ninguén pode deixar de acudir os seráns de Lourido e de Laxoso,.....,primeiro a un e despois a outro. A noite e moi,moi,moi larga e dará tempo a todo.
Contade cos Tralovalo!!!
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 28-04-2009 13:20
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Serán en Laxoso
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 28-04-2009 12:54
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GRACIÑAS A TODOS!!!

Xa pasou!! agora toca disfrutar dos próximos seráns que todavía nos quedan antes de que remate a tempada....
Queremos dar as gracias dende aquí a tódolos que viñestes o sábado pasado ata Moreira para participar no noso serán, cantando, bailando, tocando, ou simplemente votando unhas lerias....
Non queremos esquecer a tódolos que nos axudaron, especialmente agradecidos os noso cociñeiros que pasaron a tarde-noite metidos na cociña para que todo estivese a punto.

GRACIÑAS A TODOS E ATA A PRÓXIMA!!!
Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 24-03-2009 16:00
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ruada en Catoira
Como ben di o nosso amigo Benito Salgado, quedades convidados todos a esta Ruada..
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 17-03-2009 20:26
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN EN MOREIRA!!!!
Hola amigos, perdoade que teñamos o blog un pouco parado, pero xa sabedes como é isto da crisis: ou non hai chollo ou ven todo xunto....
En fin, quería recordarvos que este próximo sábado 21 de Marzo terá lugar o noso serán , o que celebra Tralovalo cada ano na Casa do pobo de Moreira (Soutomaior). Agardamos vervos a todos por alí para facer festa así que non nos falledes.
Hata pronto amijos!!!!!
Caralladas (5) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 16-03-2009 19:23
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TNT en concerto no Heicho de dar Queridiña

Este venres día 20 de Febreiro, pola noite (non hai hora fixa), concerto de Tanto Nos Ten (TNT) no Heicho de Dar (A Insua - Pontecaldelas).....
Non vo-lo perdades, a diversión e a boa música está asegurada. Pereira, vai poñendo a enfriar uns cuantos litros de Licor Kafé..
Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-02-2009 13:44
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN DOS NAMORADOS DE TOUTÓN
Xa chega o gran día!!!!!
Este sábado 14, namorados ou non, TODOS A TOUTÓN!!!
Caralladas (1) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 13-02-2009 13:29
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN DE ACEVEDO
Que ninguén esqueza asisitir esta noite, a partires das 9:30 ó serán que un ano máis celebran os nosos amigos de Acevedo (Pontesampaio). Será como tódolos anos no torreiro da festa de Acevedo. Haberá indicacións para que ninguén se perda....... Vémonos por alí. Non faltedes!!
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 13-02-2009 13:25
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN EN SILVOSO
Bueno amigos, por fin se achega o día 31 de xaneiro e con él o tan esperado "I SERÁN DE SILVOSO"...... Din por ahí que os nosos queridos amigos dos "ASUBIOS DE SILVOSO" xa teñen todo preparado para o gran evento, incluso Pispés xa ten a gaita afinada dende hai días......
Anuncian borrasca, choiva e vento,......¡¡Pois que chova!!, en Silvoso hai carpa e callos quentiños con viño, ademáis de chocolate .... pero sobre todo unha enorme ilusión por que todo saia ben e o torreiro da igrexa se encha de bailladores e músicos con ganas de facer festa (a cal está asegurada...).
Todos seredes ben recibidos, así que esperamos vervos por alí.
Caralladas (5) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 29-01-2009 16:22
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tempada 2.009
24 Xaneiro: Serán no Casino de Xesta (A Lama)

31 Xaneiro: Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

7 Febreiro: Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), na Casa Parroquial.

13 Febreiro: Serán en Acevedo (Pontesampaio)

14 Febreiro: Serán en Toutón (Mondariz)

28 Febreiro: Serán en Gargamala (Mondariz)

13 Marzo: Serán na Ermida (Pazos de Borbén)

21 Marzo: Serán en Moreira (Soutomaior)

28 Marzo: II Ruada de Catoira, no edificio Aragunde.

18 Abril: Serán en Fozara (Ponteareas)
Serán en Angudes (Crecente)

25 Abril: Serán en Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)

2 Maio: Serán en Laxoso (Pontecaldelas)
IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)

9 Maio: Serán en Pazos de Borbén, na praza do Concello.

16 Maio: Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

23 Maio: Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

30 Maio: Serán no Casino de Antas (A Lama)
Serán do Coto en Carballal (Cabral-Vigo)

6 Xuño: Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas)

12 Xuño: Serán no Vilar (Pontesampaio)

13 Xuño: Serán na carballeira dos Prados de Xesta (A Lama)

11 Xullo: Serán no Casino de Xesta (A Lama)




Caralladas (0) - Categoría: Lista de Seráns e outras festas - Posto na feira o día 19-01-2009 14:05
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN EN XESTA
Que ninguén esqueza que o próximo sábado día 24 de xaneiro temos serán en Xesta (A Lama). Celebrarase no Casino de Xesta.
Verémonos por alí, seguro....
Caralladas (2) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-01-2009 13:56
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
II RUADA DE CATOIRA
Queremos anunciarvos que o vindeiro día 28 de Marzo celebrarase a II Ruada de Catoira, a cal terá lugar no Edificio Aragunde de Catoira.

Ruada:Fiada:Serán=FESTA RACHADA!!!!

Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-01-2009 12:29
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DANZAS DOS REIS (Redondela)
Ainda que a mañá estivo ben fría acabamos
tocando e bailando de lo lindo, ata nos estranamos diante das cámaras da TVG.

Podédesnos ver no seguinte link...
Bicos tralovaleiros...
A REVISTA (TVG)
Caralladas (3) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 07-01-2009 20:12
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN REGODOBARGO
Hoxe día 3 de Xaneiro non esquezades acudir o fabuloso serán que como cada ano organizan os nosos amigos de Regodobargo (Pontecaldelas). Estades todos convidados. A festa e o bo viño están garantizados.
Nos non no-lo imos perder,..., ¿e vos?
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 03-01-2009 10:35
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SERÁN DE MOREIRA
Bueno amigos xa temos asignada data para a celebración do noso tradicional serán. Será o próximo día 21 de Marzo a partires das 9:30 na Casa do Pobo de Moreira.
Manterémosvos informados......
Caralladas (2) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 22-12-2008 13:03
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONCERTO SOLIDARIO

Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 20-12-2008 12:34
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival de Nadal en Candeán
O vindeiro domingo día 21 de decembro celebrarase en Candeán (Vigo) o seu tradicional Festival de Nadal donde se poderá disfrutar de actuacións de diversa índole. Así mesmo terase un sentido recordo hacia Loli e Manolo por parte de tódolos seus veciños e amigos. Terá lugar a partir das 5:30 da tarde no Centro Cultural de Cadeán. Non faltedes.
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-12-2008 12:14
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un agasallo perfecto.
Dende aquí queremos recomendar o libro escrito polo noso amigo Luis, non só por amizade, sinon tamén porque aínda que está dirixido ós cativos, é perfecto para xente de máis idade, xa que nel faise referencia a xogos que de seguro moitos dos nosos avos tiveron a sorte de coñecer e disfrutar. Por iso creemos que é un agasallo perfecto para este Nadal, e moi especialmente para aqueles ensinantes infantís que lles queiran facer chegar os seus rapaces que en Galicia dende hai moito xa contamos co noso particular "Cocherito leré..."

Título: PARA CANTAR E BAILAR

Idioma: Galego

Colección: Infantil

Autor/es: Luis Prego

Ilustrador/es: Serxio Cobos

Trátase dunha guía con xogos e bailes procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. O libro contén vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo, explicacións sinxelas das coreografías ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras e un CD coas cancións mais unha pista de video para reforzar a comprensión das explicacións. Está dirixido especialmente a profesores de educación primaria e monitores de danza tradicional, así como a todas aquelas persoas interesadas en pasar un anaco divertido sen importar a súa idade.
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 19-12-2008 12:07
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ABERTO O FURANCHO DE SILVOSO!!!!!!
A nosa Furancheira...Comunicámosvos que dende o pasado domingo xa abriu as suas portas o furancho de Silvoso. Quedades todos citados para pasar por alí a mandarlle unhas tapiñas e, por qué non, facer un pouco de festa cando o pida o corpo. Pero o que é máis importante: hai que ir a probarlle o viño novo a Ernesto......
Caralladas (2) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 16-12-2008 15:51
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
I Serán de Silvoso
Caralladas (4) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 09-12-2008 22:01
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SON DA LÚA MEIGA
Merece moito a pena...... ¡¡Non vo-lo perdades!!
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 09-12-2008 17:15
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Benvido Adán!!!!
Aproveitando este pequeno espazo queremos felicitar os nosos compañeiros Oscar e Paula, xa que dende o día 1 de Decembro contan con un novo membro na súa "artística" familia.
Con unha avoa pandereteira e uns irmáns tan polifacéticos (artísticamente falando), este pequeno está predestinado cando menos a ser ghaiteiro e baillador. Adán, vaille mandando moitos "bibes" e "potitos" q Tralovalo estate agardando!!
Moitas felicidades para toda a familia.

Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 09-12-2008 17:08
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MAGOSTO-SERÁN DO CHAN DAS PIPAS
O Centro-Social Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde (Redondela) organiza unha nova edición do Magosto-Serán do Chan das Pipas. O próximo sábado 29 de novembro, a partir das 20:00, na casa cultural deste lugar na parroquia de Saxamonde, serviranse castañas que se poderán acompañar con viño e chourizo. De seguido, no mesmo local, celebrarase un serán onde todos os grupos ou persoas que o desexen, poderán tocar no palco habilitado. A festa rematará coa vontade dos bailadores e tocadores. Aínda que chova, o lugar é pechado.

Como chegar:
No Alto de Os Valos, na estrada que une Redondela e Porriño, tómase o desvío cara o aeroporto. A uns 500 metros, despois dunha curva á esquerda, vírase á dereita para facelo á dereita 100 metros á frente. Haberá cartaces indicando o camiño.

Saúdos,

A Comisión organizadora.
Caralladas (0) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 27-11-2008 10:37
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OS REIS - TODO UN ACONTECIMENTO
Que juapiños tod@s!!!Debemos irnos preparándo para os Reis. Este ano
promete.. calquera vai facer cantar a Chen.. Como non sexa cun viño de máis. E non falemos do baile, para bailar ben sería preciso terse bebido o Támesis... Moitos bicos familia Tralovaleira.
Caralladas (6) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 20-11-2008 19:48
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Apertura Furancho de Silvoso... manterémosvos informados...
Pronto teremos tocata no Furancho de Silvoso...
Prepárate Ernesto que o Licor Café vai andar a 100 x hora... (litros x hora...)
furanchodoche@jamusinos.gz
Caralladas (4) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 18-11-2008 22:18
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Inaugaración da casa do pobo de Moreira
Este sábado día 15 de novembro a partires das 8 da tarde vai ter lugar a reinauguración da casa do pobo de Moreira (a cal é o noso local de ensaio). A casa foi feita hai uns 28 anos gracias o traballo de tódolos veciños, e tras sucesivas melloras, por fin se acometeu un "lavado de cara integral". Quedou moi bonita e acolledora, e este sábado irémoslle votar unhas muiñeiras para celebralo xunto con tódolos veciños do pobo. Así que para o próximo serán q fagamos xa sabedes, esperamos que veñades a ver que tal quedou (e que vos guste, claro).
Caralladas (3) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 14-11-2008 10:51
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TRALOVALO DE MOREIRA
Tralovalo de Moreira. 10 anos de historia...
ghastaspista.com
malmequer.es
Caralladas (8) - Categoría: Xeral - Posto na feira o día 13-11-2008 21:01
Deixa o teu comentario tralovaleiro...
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal