|
|
|
|
|
Veráns frescos e invernos secos e o cambio climático rondándome pola cabeza. os eucaliptos dominan o territorio e cada vez somos menos nós mesmos.
Minicentrais. Roubo da auga no país da auga e un nihilismo fantástico nas cousas que amasa.
Pichi, guerras, dominación. NUCLEARES NON!
NUNCA MÁIS! NUNCA!
E o 15M non cre na soberanía dos pobos. Marx, Lenin, Stalin, socialismo segundo Einstein e aínda sen completar a fase depredadora do ser humano.
Como queres que fale, como queres que vista.
-Mañana me compraré unas cosillas en Zara-
Revelarse comeza por un mesmo.
Televisión, radio, prensa. Quen controla os poderes na época da internet?
Executivo, lexislativo, xudicial... só hai estes? miren máis atrás.
Belén Esteban preséntase ás Eleccions Xerais de 2015 e consegue dous escanos. Berlusconi entra no Parlamento español e en dúas lexislaturas consegue maioría absoluta.
Roma reclama o seu Imperio.
E os alemáns volveron instalarse na Galiza. Eles foron quen nos levaron á Independencia.
Galiza, día 1
Non hai fame, non hai guerra. Decisións, ilusións e máis papeis.
De novo a auga é nosa
Liberemos os ríos. |
|
|
|
|
|
cando deixaches de pensar que podería haber un mundo mellor? |
|
|
|
|
|
|