ToupORROutou


εις τήν Πόλιν (Is tam Bul) - á Cidade


Xa queda menos para a aventura.
Durante uns días o mundo terá outra cor, arrecenderá doutro xeito. Seguramente me pase horas fitando para os altos dos edificios, para a xente que camiña pola rúa, para o mar, para a terra e a pedra.

De cada viaxe que se fai hai que aprender polo menos unha cousa nova.

Xa vos contarei

komeŋta (7) - katehoria: ʃeral - feito o 21-08-2008 12:10
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
movemento tetiñas free

cúmprense 25 anos desta fotografía na que unha señoriña de pano á cabeza da parroquia sonense de baroña levaba un fungueiro na man para escorrentar os endemoniados que lles dera por se espir ao lado das súas leiras e montes, perdendo estes, deste xeito, o seu valor de interese urbanístico.

25 anos despois case ninguén se asusta por verme a pirola ao aire nesta praia nin en ningunha outra. un logro que se debe a eses endemoniados do movemento tetiñas free




a don sabino. in memoriam
(a igrexa mata. apostata)




komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 05-08-2008 13:39
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
O home do futuro



(?) a vestimenta será de roupas radioactivas, confeccionada sen botóns ou costuras e producida en serie. porana pola cabeza e adaptarase hermeticamente ao corpo, posuíndo a singular facultade de lles axudar a regular a presión e a temperatura do corpo, segundo as modificacións do medio externo.
nas zonas máis frías e máis elevadas, estas vestiduras actuarán sobre a medula ósea, estimulándoa a producir unha maior cantidade de glóbulos vermellos, para atender as alteracións rápidas de altitude.
cinguiranse á cintura cintos ou faixas, nos que estará o centro de control do magnetismo circulante do traxe.
os zapatos serán de material transparente, flexible e adaptable aos movementos anatómicos dos pés delicados e sen calosidades que terán os homes do futuro, por eliminaren da alimentación minerais afíns coa gravidade da terra.(?)
komeŋta (3) - katehoria: ʃeral - feito o 01-08-2008 12:19
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0