ToupORROutou


a flor máis grande do mundo
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 22-06-2010 11:38
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Panem et circenses
... hai xa moito tempo, desde que non vendemos os nosos votos a ninguén, a xente abandonou as súas preocupacións, pois o que noutro tempo outorgaba o poder, os consulados, as lexións, todo, agora reprímese e simplemente espera dúas cousas: pan e circo.

ref.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-06-2010 13:01
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
o fin da liberdade de expresión explicítase en europa. canto tempo tardará en chegarnos este novo ataque do neoliberalismo fascista?
poñámonos a traballar!!!

Referencias
Resumo da lei anticomunista (en inglés)
PCdoB lança nota sobre anticomunismo na Polônia
Unión comunista contra a lei que veta os símbolos desta ideoloxía en Polonia
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-06-2010 11:13
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Non é só a economía, é a democracia

Moitos critican algunhas medidas que reclama Mariano Rajoy para reducir o gasto público, como reducirlles as subvencións aos sindicatos, os gastos electorais ou ministerios, porque son "o chocolate do loro".

Pero son moito máis ca iso. Non as propón porque crea que dese xeito se vai reducir substancialmente o déficit. Faino como parte dunha estratexia ben calculada de debilitar a acción pública e todo aquilo que reforza a capacidade de resposta e defensa dos traballadores e da cidadanía en xeral.

Por iso centran tamén a reforma laboral no debilitamento da negociación colectiva.

Nin sequera buscan máis beneficios, que poderían obtelos con máis actividade e con maior emprego, senón máis poder.

Por iso o que verdadeiramente está en xogo coa resposta que os especuladores están a lograr impoñer á crise que eles mesmos provocaron é a democracia e a posibilidade de que os poderes representativos se enfronten con garantías aos do mercado.

Os grandes financeiros e os poderes económicos conseguiron vencer os gobernos e están a lograr que estes non só non adopten nin unha soa das medidas reformadoras que previran senón que, ademais, leven a cabo programas de axuste que, se non se frean, van supoñer unha nova derrota histórica das clases traballadoras.

O procedemento foi sibilino, case diabólico. Os gobernos tiveron que dedicar billóns de euros a salvar os bancos para evitar que a súa quebra fixese saltar polos aires o sistema financeiro internacional e a programas de apoio á actividade para que as economías non colapsasen. O resultado inevitable foi, ou un incremento inxente da creación de diñeiro en Estados Unidos e Reino Unido, ou da débeda pública.

Pero anos atrás os bancos privados lograron establecer o criterio de que os bancos centrais non poden financiar os gobernos. Era o xeito de garantiren para eles o gran negocio da débeda pública cando se producise e ao mesmo tempo lograr que esta fose substituída paulatinamente pola privada, moito menos controlada e máis rendible para a banca.

Así, cando os gobernos incorreron en déficit para facer fronte á crise que os bancos provocaron resultaba que eran eses mesmos bancos os que podían financialos para que dispuxesen de recursos abondo.

Xerouse un negocio redondo no financeiro e no político.

Por un lado, os bancos privados estiveron a recibir diñeiro barato, ao 1% máis ou menos, dos bancos centrais co obxectivo de que puidesen volver financiar deseguida as empresas e familias. Pero en lugar diso, os bancos dedican ese diñeiro a subscribir a débeda dos gobernos que se emite ao 4 ou 5% ou a seguir especulando.

E non só iso. Buscando sempre gañar moito máis, os bancos e os grandes fondos especulativos deseguida comezaron a manifestar que algúns gobernos (contra os que se dispoñían a tomar posicións especulativas) non ían poder pagar a débeda, ou mesmo a lanzar rumores sen fundamento simplemente para facer crer que a súa situación era moito peor que a real. E así obrigaban a que subise o interese ao que os gobernos debían emitir a débeda, alcanzado ás veces, como no caso grego, mesmo o 10%.

Desa forma os bancos están a obter beneficios multimillonarios, pero non só iso.

Posto que agora dispoñen dunha situación de privilexio fronte aos gobernos, porque estes deben recorrer necesariamente a eles para obter recursos, pódenlles impoñer condicións políticas draconianas.

Ese é a orixe dos plans de axuste que os gobernos que cederon a estas chantaxes están a aplicar e que van buscando, sobre todo, diminuír a capacidade de resposta dos traballadores.

Se de verdade se quixese dinamizar a actividade económica e o emprego non se frearía a demanda, nin se permitiría que o diñeiro dos bancos vaia a outro sitio que non sexan as empresas e familias. Se verdadeiramente se quixese crear condicións para cobrar a débeda no futuro non se debilitaría a capacidade potencial de crecemento das economías.

De feito, se non fose porque en realidade é dramática poderíase cualificar de cómico o modo de actuar das axencias de rating que se usan para levar a cabo esta extorsión aos gobernos. Primeiro din que van baixar a cualificación se estes non aplican o axuste porque entón "os mercados" non confiarán na súa débeda pública e deberán emitila máis cara. Pero cando aplican o axuste, as mesmas axencias, como pasou en España con Fitch, rebaixan a cualificación porque din que se reduciu a expectativa de crecemento....como consecuencia da aplicación do axuste!

O que hai detrás de todo iso está bastante claro por moito que queiran disimulalo. Os bancos e os grandes especuladores non queren que se cambie nin unha coma das condicións de plena liberdade nas que actúan nos mercados internacionais. O de impoñer algún imposto nalgún lugar concreto é o de menos. O importante é a liberdade de movementos e iso é o que queren manter. Pero saben perfectamente que nesas condicións as crises se van facer cada vez máis reiteradas e fortes e por iso tratan de evitar que haxa vías de resposta social. O que lles podería incomodar no futuro é que haxa poderes representativos a través dos que a cidadanía puidese facer fronte e responder ao que está por vir e que non é outra cousa que unha continua desorde financeira e unha perda de estabilidade e de benestar.

Non nos enganemos. Non hai razóns de fondo, nin científicas nin sequera para aumentar os beneficios empresariais que xustifiquen a redución do gasto público (que na súa gran maioría e directa ou indirectamente remata indo ás contas das empresas), a reforma laboral que se prepara, a privatización de servizos ou das pensións. Só se busca privilexiar a capacidade de acción das grandes empresas e dos financeiros. Buscan gañar máis, coma sempre, pero agora necesitan facelo sen trabas políticas porque para incrementar os seus beneficios van ter que facer cada vez máis barbaridades e destruír de modo máis evidente a economía, o medio e a xustiza social. O que está en xogo, pois, non é só unha cuestión salarial, nin un recorte máis ou menos grande aos gastos de Estado. O que periga é a democracia e a liberdade.


Tradución do orixinal en castelán de Juan Torres López, catedrático de economía aplicada na Universidade de Sevilla
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 11-06-2010 14:42
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
o meu mixpod


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 09-06-2010 13:16
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
comezan polo funcionariado e acabarán por todos os demais. A TI TAMÉN CHE AFECTA!!!


PSOE e PP a mesma merda é!!!
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 02-06-2010 09:40
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
ninna nanna


Ninna nanna, ninna nanna,
dormi figlio, dormi amore.

Con quel pianto e quella voce
brami, ohimé, brami la croce.
Or ch´é tempo di dormire
dormi figlio e non vagire,
verrá il tempo del dolore.
Dormi amore.

Quella bocca pien die miele
brama latte aceto e fiele.
Or ch´é tempo di dormire
verrá il tempo del partire,
verrá il tempo del dormire.
Dormi amore.

Altri pecca e tu ne piangi,
e la vita in mori cangi,
e ne godi nel dolore.
Per dar vita al peccatore
complirai questo desio.
Dormi, o Dio.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 01-06-2010 20:32
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0