ToupORROutou


ás veces teño conflitos con distintas posturas que defendo, ás veces doulles voltas durante días,semanas, meses... e moitas veces non chego a unha conclusión fixa. supoño que o futuro farame ver as cousas de distinto xeito.
Esta tempada deume por asociar dúas ideas, debatíndome a diario entre os termos nacionalismo e esquerda e non houbo nada que me fixese pensar que se teñan que tratar de contrarios, de feito ás veces penso se non serán conceptos que casan perfectamente. está claro que a nación entendida como algo natural da división xeográfica marcada polo territorio, coa fauna e flora e mesmo co clima e con todas as particularidades das que se compón este planeta e que fan que vexamos o mundo de xeito distinto a outros pobos está perfectamente en sintonía coa ideoloxía que defende que o lóxico é que esas nacións autoxestionen elas mesmas os seus propios recursos repartíndoos entre toda a cidadanía equitativamente en partes
 iguais, que sexan xustas e solidarias co resto das nacións irmáns sen prexudicar nunca os intereses comúns que a humanidade comparte co resto dos seres deste mundo, como propón a esquerda.

non pode haber oposición, ou, polo menos eu non lla vexo. incluso ás veces penso que non se pode entender unha idea sen a outra se se consideran como partes fundamentais para o benestar de todas as persoas. ecoloxismo e nacionalismo de esquerdas.
acaso unha ideoloxía individualista coma a que fomenta o capitalismo está sendo a máis axeitada para a maioría da poboación?

Agora o nacionalismo galego, que tamén ten dereito a existir, está nun proceso de debate aberto á sociedade, que é como ao meu entender debe ser, no que se discute sobre as distintas divisións que houbo no Bloque Nacionalista Galego despois da Asemblea de Amio e do proceso constituínte do chamado Novo Proxecto Común. Se a UPG era intransixente, desde a maioría, no que se refire aos seus postulados ideolóxicos ou se cederan ao incluíren o independentismo no barco que pilotan ou se o independentismo marxinal (estatisticamente falando, ou escribindo) de fóra do BNG se vai asociar coa dereita sen complexos do fillo de Cuíña.
está por ver.
o caso é que en todo este proceso non houbo ninguén, ou polo menos a min non me consta, que abrise negociacións co BNG, si que as houbo co MGS e incluso coa UPG mais non cos organismos da fronte que, lembremos, son os únicos representantes lexítimos da maioría dos afiliados que non forma parte de ningunha organización interna. falo, por suposto, dos e das independentes.
Sei de boa fe que hai xente no BNG que faría as cousas doutro xeito se tivese un apoio maioritario dos seus compañeiros e compañeiras, mais tamén sei que as divisións son sempre prexudiciais para a defensa de calquera causa, incluso cando esa causa é un país enteiro.

komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 10-05-2012 01:22
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0