|
|
|
Falo galego porque non son un acomplexado |
|
|
|
|
|
Hablen español, already |
|
Hai boas razóns para debater que papel deben xogar as linguas minoritarias alí onde as haxa. Hai poucas razóns para ser tan sarcásticos sobre esta cuestión como o foi Giles Tremlett en The Guardian hai uns días, cando España comezou a permitirlles aos senadores debater en vasco, valenciano, catalán e galego:
A Cámara Alta do Parlamento español xerou polémica ao lles permitir aos senadores debater en cinco das linguas do país, con intérpretes contratados para converter as súas palabras a unha lingua que todos eles falan perfectamente: o castelán.
Vamos co sarcasmo: cítanse ?críticos? e un editorial mordaz. Despois vén a escena na que os senadores castelanfalantes son ?obrigados? a quitar os seus auriculares cando un senador fala catalán, unha estimación de canto vai custar, e a dose de malhumor do lider da oposición conservadora: ?Algo coma isto non pasaría nun país normal?
Despois, figura unha descrición bastante precisa da situación lingüística en España: o 11% do país son falantes nativos dun idioma minoritario, e arredor dun terzo dos españois coñécenos e úsanos con regularidade. O que non se mencionou foi o feito de que estas non son intromisións mal recibidas no Edén castelánfalante senón linguas indíxenas faladas alí desde que os vascos se presentaron na prehistoria e o latín se excindiu en galego e catalán antes de que España existise.
Tampouco se menciona unha das razóns polas que relativamente pouca xente domina as linguas minoritarias: As políticas de una bandera, una patria, una lengua de Francisco Franco, que prohibían todo, desde os nomes cataláns até os rótulos das tendas en vasco.
Isto fixo que as rexións minoritarias endurecesen as queixas, queixas que son agravadas cando os castelanfalantes (e os de fóra) os tratan coma apestados por quereren falar o seu propio idioma no seu propio país.
Os ?países normais? que se adaptan a isto son Canadá, Nova Zelanda, Bélxica, Sudáfrica (con 11 linguas oficiais), A India e moitos outros. Unha vez máis, isto non quere dicir que todas as minorías deban ter todos os privilexios. Pero dicir que os senadores só deben falar a lingua común é esquecer que esa lingua ?Común? é unha lingua estranxeira para moitos españois. Lembrando que, e tomando en serio as queixas, é o mellor xeito de mantelos felices en España.
texto orixinal
|
|
|
|
|
|
|