ToupORROutou


Filloas recheas de marisco
Aquí vos deixo unha das receitas que fixen nestas datas. Realmente riquísima e non dá moito traballo.

Ingredientes:
ovos, sal, caldo de marisco, fariña, graxa de porco (ou aceite de oliva)para facer as filloas.
cebola, allo, lagostinos (mellor que non sexan dos cocidos, así aprovéitanse as cunchas e as cabezas para o caldo de marisco), espinacas, bechamel.
Elaboración:
Prepárase un amoado feito con ovos, sal, caldo de marisco e fariña e fanse as filloas. Resérvanse.

Para o recheo picaremos unhas cebolas e uns dentes de allo e rustrirémolos. Despois engadiremos os lagostinos pelados en anacos e deixaremos que se fagan un par de minutos.Despois bótanse as espinacas cocidas e un pouquiño de sal. Por último prepararemos unha bechamel e xuntarémoslla ao recheo.

Agora xa se pode meter o recheo nas filloas e envolvelas en cilindros.
Meter no forno uns 3 minutos e a comer.

Xa me diredes.
komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 27-12-2010 13:07
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
XI

Nos eidos da República abrollan os vezos da monarquía. A poda doulles vitalidade. O caciquismo e a inxustiza volven a inzar as terras hispanas.
Hoxe asasinan a un rapaz (o meu primeiro amigo de Badaxoz), que por defender as reivindicacións dos traballadores co ardimento inesperto da súa mocedade , morre a mans dunha cría do caciquismo reverdecido.
Onte intervén a Delegación do Traballo para evitar que os ricos terratenentes negocien coa fame dos campesiños, pois xa se estaban pagando xornaes de tres pesetas a homes que non atopan ocupación máis que nos cincoenta días da sega. ¡Trinta pesos para todo o ano!
¿Que é esto? ¿Onde teñen a concencia eses homes que andan a falar de sentimentos relixiosos feridos? ¿Que fan os verdadeiros cristiáns, que non coutan o egoísmo criminal dos propietarios da terra?
Eu creo que ningún galeguista, por arredado que se atope de nós, concordará coas forzas reaccionarias campantes agora en toda Hespaña. Creo que ningún galeguista pode sentir a necesidade dunha caracterización dereitista do seu ideario nestes intres de guerra incivil.
E no correio de hoxe recibo un manifesto político, arranxado con enxeñosos artificios de lingoaxe, para disculpar unha posición ilexítima dentro do noso campo. Trátase, nada menos, que de crear unha ?dereita galeguista?, lanzando a irmandade dos ?bos e xenerosos?, cando máis rexa debe ser a súa compenetración.
Pois ben; quero que seipan os firmantes do manifesto e todos cantos acudan á súa chamada, que eu ?galeguista nato- opoñereime a calquera entendimento político con eles, porque non creo na fortaleza dos seus sentimentos patrióticos, nin estou disposto a deixarme convencer con ádoas de vidro.

Quixera compor eiquí longas parrafadas para demostrar que os escrúpulos de carácter social e relixioso que agora sinten os chamados ?galeguistas de dereita?, xurdiron , dispois do desastre electoral por influencias esteriores, eisóticas. Quixera demostrar como a fuxida dalgúns galeguistas obedece, máis que a diferenzas políticas, a comodidades persoaes. Quixera demostrar que a teima secesionista foi provocada pola fervenza reaccionaria que baixou da meseta castelán. Quixera demostrar que os galeguistas que se arredan de nós coa intención de amingoaren a nosa forza, poñen a Galiza por debaixo doutros intreses , que nin tan siquera son espirituaes. Quixera demostrar que un galeguista verdadeiramente cristián non ten por qué arredarse do noso partido, nin para preservar o cristianismo da nosa Terra nin para salvar a súa propia alma. Quixera demostrar, en fin, que esas ?coincidencias fundamentaes de orde ideolóxico?, que eles invocan no seu manifesto para chegarmos a un entendimento político, son, xustamente, as que nosmanterás sempre arredados.
Eu podería demostrar todo eso con tanta lóxica como a que empregan os ?galeguistas de dereita? no seu escrito, pero faríao con máis emoción e menos artificios. Non o fago porque aínda non se consumou a fazaña.
De todos os xeitos abonda co dito para que ninguén crea que se trata dunha iñorma de táctica ao uso para ensanchar a base do galeguismo polos dous estremos. Non; a política do galeguismo correspóndelle enteiramente ao noso partido, a non ser que xurdise outro máis avanzado no senso nacionalista e con opinión deabondo para facerse respetar. Non nego a necesidade dunha escisión do Partido Galeguista na hora en que a nosa Terra conquira os seus anceios mínimos de liberdade; pero nego a comenencia de facelo agora; e aínda que o galeguismo acordase neste intre formar dúas forzas de siño contrario, sempre contaríamos con homes máis firmes para erguer bandeiras e facer chamamentos.


Castelao. Sempre en Galiza. Adro
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 20-12-2010 14:15
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0