ToupORROutou


O remorso d'as estátoas e a dinidade d'o silenzo
Xa chegou o 25 d'o mes de Santiago e as follas impresas espallarán pol-a nosa terra unha copiosa antoloxía de lugares comúns alaudatorios d'un pintoresco e deprimente pseudo-galeguismo. Pero ningún xornal pubricará a diatriba d'a nosa carraxe, a acusación d'o crime de todos ou a proclama d'a nosa Revolta.
Quixéramos comezar decindo "dentro de poucos anos..." Pero prívanol-o ise convenio tácito que leva adiante unha conspiración contra o tempo. Quer-se prescindir d'o tempo, deixal-o só; e non fica máis volta que comenzar decindo:
Dentro de moitos anos, n-unha república libérrima celebrara-se a gran festa nazoal. Antre as múltiples bandeiras celestes, n-a voz emoveita d'o antergo, d'as guedellas ruzas e cansas lostregará iste anatema: Cando a Patria sofría escravitude os nosos pais dedicaban-se a celebrar iste día con artigos xogo-floralescos."
A sua voz chegará tamén ás prazas d'atrasmán, ostentadoras (como non?) d'as estátoas pretéritas de tantos "ilustres patriotas" que hoxe andan danzando pol-a nosa pantalla cinegráfica. E as estátoas dialogarán pra rematar decindo: "Temos escrito tantas toneladas de papel en bagatelas (a "terriña", a "casiña", a "vaquiña") que chegamos a faguer o pedestal d'unha estátoa de carne e óso pendurada d'o adival d'unha forca coma a de calquer anónimo rapaz pistoleiro e dinameteiro"
O que eu lle desexo a calquer mozo galego é que mañán non teña o remorso d'a estátoa de bronce. A nosa terra precisa poucas estátoas xogo-floralescas pero moitas estátoas de carne e óso penduradas d'o adival d'unha forca.
Pol-o demais, todo un ano de cotiáns claudicacións, de unánimes cobardías, de vergoñosos desleigamentos coleitivos, non pode ser rescatado n-o día de hoxe con uns golpes mais ou menos sentimentaes ó consabido tópico d?a "terriña meiga".
Si os nosos azos non chegan a exemplarizar unha folla d'a Hestoria c'un patriótico "Apóstol de Sangue", xemeo d'o Corpus catalán (1), o silenzo é o mais decoroso.

Manuel Antonio

(1) Estase a referir á revolta protagonizada polos labradores cataláns (Gurre d'els segadors) o 7 de xuño de 1640, que protestaban pola presenza de soldados casteláns na cidade.

komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 19-11-2010 13:51
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Cogito ergo sum. Hespaña non pensa, logo non existe.

Manuel Antonio
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 19-11-2010 13:31
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Nel profondo


Nel profondo
cieco mondo
si precipiti la sorte
già spietata a questo cor.
Vincerà l?amor più forte
con l?aita del valor.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 19-11-2010 13:30
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Ombra fedele anch'io


Ombra fedele anch'io

sul margine di lette

seguir vo' l'idol mio che tanto addoro.

Che bella pace e questa che a consolar

se resta il mio martoro.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 19-11-2010 12:50
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Coma nenos píos con disfrace de mártir
reproduzo aquí o artigo de Fran P. Lorenzo censurado pola Editorial Compostela, dona do xornal Galicia Hoxe.
Vaian con isto os meus apoios para o seu autor.

Coma nenos píos con disfrace de mártir


As minorías, sempre despreciadas por Feijóo, van sufragar cos seus cartos a diatriba papal
Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.

O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías ?máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo? contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.

O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .

Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.

O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween ?o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos? vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para "estimular" a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 03-11-2010 08:40
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0