ToupORROutou


komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 26-11-2008 11:28
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Marcha para a cerimonia dos turcos
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 24-11-2008 10:21
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho



a miña idea de ir a marte cada vez máis preto

noticia
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 21-11-2008 09:43
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
apadríñame!
Levántome todos os días ás 7.00 da mañá, dúchome, almorzo o zume de laranxa que me preparan e unha boa cunca de leite con 10 galletas, lavo os dentes e baixo ao garaxe a coller o coche para chegar ás 8.00 h ao meu destino; un edificio dun organismo público autónomo dependente da Xunta de Galicia (realmente non sei se isto é moi exacto). Alí paso 7 horas de luns a venres, formándome, ou iso é o que di unha especie de non-contrato que obtiven por méritos.

Esta formación consiste en te meteres nun despacho cun ordenador con acceso a internet, uns estantes con libros e un teléfono ao que te chaman para mandarche "documentos de formación", para que ti fagas o máis axiña posible para que poidan saír publicados. Teño que dicir aquí que as persoas máis cualificadas, perdón, as únicas capacitadas en todo o edificio para facer este tipo de traballos somos eu a máis outra persoa que está nas miñas mesmas condicións.

O caso é que xa hai uns anos que rematei a carreira pero parece ser que despois dos estudos universitarios tes que te seguir formando ata os 30 e pico de anos e aínda por riba dar as grazas por non estar traballando limpando peixe ou rozando montes (con todos os meus respectos).

Chamarédesme tolo pero cos 30 e pico de anos que teño (o pico é moi pequeno) eu xa penso no día en que me xubile e goce da vida como a min me gustaría. O problema é que hai que cotizar 35 anos para ter a xubilación completa e, facendo contas, con sorte xubílome aos 70, iso se aínda estou vivo.

Parece ser que os sindicatos se deron conta aínda agora destas ?irregularidades? das empresas, tanto públicas coma privadas e Ce-Ce- O-O (Urdaci dixit) vén de presentar unha campaña para concienciar a sociedade deste problema que sufrimos en silencio moita xente.
Que non quede só niso!



cotizacións á seguridade social: 0 euros

indemnización por despedimento: 0 euros

liquidación: 0 euros

ter un bolseiro na túa vida: non ten prezo


máis información:

1 2 3 4 5
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 14-11-2008 14:40
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho


komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 13-11-2008 14:29
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho


LAKMÉ / MALLIKA
Dôme épais / Sous le dôme épais
le jasmin / où le blanc jasmin
à la rose s'assemble / à la rose s'assemble,
rive en fleurs, / sur la rive en fleurs,
frais matin, / riant au matin,
nous appellent ensemble. / viens, descendons ensemble.
Ah! glissons en suivant / Doucement glissons: de son flot charmant
le courant fuyant / suivons le courant fuyant
dans l'onde frémissante. / dans l'onde frémissante.
D'une main nonchalante, / D'une main nonchalante
gagnons le bord, / viens, gagnons le bord,
où l'oiseau chante. / où l'oiseau chante.
Dôme épais, / Sous le dôme épais,
blanc jasmin / sous le blanc jasmin,
nous appellent ensemble! / ah! descendons ensemble!

LAKMÉ
Mais je ne sais
quelle crainte subite
s'empare de moi;
quand mon père va seul
à leur ville maudite,
je tremble d'effroi!

MALLIKA / LAKMÉ
Pour que le dieu Ganeça
le protège, jusqu'à l'étang
où s'ébattent joyeux
le cygnes aux ailes de neige, / Oui, près des cygnes aux ailes de neige,
allons cueillir les lotus bleus. / allons cueillir les lotus bleus...

LAKMÉ / MALLIKA
Cúpula espesa, / Baixo a cúpula espesa
o xasmín / onde o branco xasmín
á rosa se asemella, / á rosa se asemella,
beira florecida, / sobre a beira florida,
fresca mañá, / riseira á mañá,
nós invocamos unidas. / ven, descendamos unidas.
Ah! vaiamos seguindo / Dulcemente deslicémonos: das súas ondadas encantadoras
a corrente fugaz / sigamos a corriente fugaz
na auga trémula. / na auga trémula.
Coa man indolente / Con man indolente
cheguemos ao bordo / ven, cheguemos ao bordo,
onde o paxaro canta. / onde o paxaro canta.
Cúpula espesa, / Baixo a cúpula espesa,
branco xasmín, / baixo o branco xasmín,
nós invocamos unidas! / ah! descendamos unidas!

LAKMÉ
Mais eu non sei
que medo súbito
se apodera de min
cando meu pai parte só
á súa casa maldita,
eu tremo de terror!

MALLIKA / LAKMÉ
Para que o deus Ganesa
o protexa,
xunto o estanque onde brincan
alegres os cisnes de ás níveas, / Si, preto dos cisnes de ás níveas,
vaiamos coller os lotos azuis. / vaiamos coller os lotos azuis...
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 08-11-2008 11:33
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0