ToupORROutou


páxina de escritura
Dous e dous catro
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis?
Repetide! Di o mestre
Dous e dous catro
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis?
Mais ei-lo paxaro lira
Que pasa polo ceo
O neno veo
O neno escóitao
O neno chámao
Sálvame
Xoga comigo
Paxaro!
Entón o paxaro descende
E xoga co neno
Dous e dous catro?
Repetide! Di o mestre
E o neno xoga
O paxaro xoga con el?
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis
E dezaseis e dezaseis cantas fan?
Desde logo non trinta e dúas
De todos xeitos
Eles vanse
E o neno agachou o paxaro
Debaixo do pupitre
E todos os nenos
escoitan a canción
e todos os nenos escoitan a música
e oito e oito á súa vez se van
e catro e catro e dous e dous
á vez fan o campo
e o paxaro lira xoga
e o neno canta
e o mestre grita:
cando deixaredes de facer a mona?
Mais todos os outros nenos
Escoitan a música
E os muros da clase
Caen tranquilamente
E os vidros volverán ser area
A tinta volverá ser auga
Os pupitres volverán ser árbores
O xiz volverá ser cantil
A pluma volverá ser paxaro.


Jackes Prévert
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 05-10-2011 02:58
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0