|
|
|
As ratas |
|
Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.
Luís Seoane |
|
|
|
gravado |
|
outra mostra do que se está a facer en breizh. A autora é soizic gilibert. podedes consultar o seu sitio web premento aquí |
|
|
|
|
|
agora, como na segunda década do século pasado, a xente sabe ben que algo se está cociñando no mundo enteiro: crise, paro, recortes sociais, recortes nos dereitos dos traballadores.
Contra isto temos dúas posibilidades, a primeira é deixar que os fascismos suban ó poder e que fagan o que mellor saben, converter os réximes democráticos en ditaduras, e a outra é a REVOLUCIÓN da cidadanía e aí e onde ti es necesario, imprescindible. contra todos nós non poden facer nada. esperta e decide a túa propia historia.
MOBILIZATE E LOITA!!!
|
|
|
|
|
|
|