ToupORROutou


Ombra fedele anch'io


Ombra fedele anch'io

sul margine di lette

seguir vo' l'idol mio che tanto addoro.

Che bella pace e questa che a consolar

se resta il mio martoro.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 19-11-2010 12:50
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Coma nenos píos con disfrace de mártir
reproduzo aquí o artigo de Fran P. Lorenzo censurado pola Editorial Compostela, dona do xornal Galicia Hoxe.
Vaian con isto os meus apoios para o seu autor.

Coma nenos píos con disfrace de mártir


As minorías, sempre despreciadas por Feijóo, van sufragar cos seus cartos a diatriba papal
Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.

O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías ?máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo? contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.

O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .

Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.

O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween ?o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos? vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para "estimular" a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 03-11-2010 08:40
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
As ratas
Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.


Luís Seoane
komeŋta (2) - katehoria: ʃeral - feito o 31-10-2010 02:53
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
gravado
outra mostra do que se está a facer en breizh. A autora é soizic gilibert. podedes consultar o seu sitio web premento aquí
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 29-10-2010 20:45
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
agora, como na segunda década do século pasado, a xente sabe ben que algo se está cociñando no mundo enteiro: crise, paro, recortes sociais, recortes nos dereitos dos traballadores.
Contra isto temos dúas posibilidades, a primeira é deixar que os fascismos suban ó poder e que fagan o que mellor saben, converter os réximes democráticos en ditaduras, e a outra é a REVOLUCIÓN da cidadanía e aí e onde ti es necesario, imprescindible. contra todos nós non poden facer nada. esperta e decide a túa propia historia.
MOBILIZATE E LOITA!!!
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 20-10-2010 20:51
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
29 S. FOLGA XERAL
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 28-09-2010 10:23
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Labordeta
sempre morren os mellores
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 20-09-2010 14:49
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
poema sen título
cando os fascistas deporten os xitanos,
gardarás silencio,
porque TI non es xitano

cando os fascistas encarceren os nacionalistas,
gardarás silencio,
porque TI non es nacionalista.

cando os fachas veñan buscar as feministas,
non protestarás,
porque TI non es feminista.

cando os fachas veñan buscar os maricóns,
non protestarás,
porque TI non es homosexual.

cando che vaian buscar a TI,
xa non quedará ninguén para protestar.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-09-2010 11:19
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
micropoema ou poema incompleto
[...]

a sinonimia debátese entre o saber e o coñecer


[...]
komeŋta (0) - katehoria: mikropoemas - feito o 16-09-2010 12:05
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Scherza in mar la navicella


Scherza in mar la navicella
mentre ride aura seconda:
ma se poi fiera procella
turba il ciel, sconvolge l'onda,
va perduta a naufragar.
Non così questo mio core
cederà d'un empia sorte
allo sdegno ed al furore,
che per anco in faccia a morte
sa da grande trionfar.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 15-09-2010 09:12
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0