ToupORROutou



Por unha parte penso que o descaro é o antónimo da vergonza e eu quero que ti sexas un descarado vergonzoso? coma min. Pero por outra parte penso que hai dous motivos polos que poidas sentir vergonza: porque me queres ou porque non.

komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:29
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Blogs/Xornalismo

O chamado ?Cuarto Poder? está en crise. A falta de credibilidade, a manipulación, a politización fan que os usuarios dubidemos incluso das noticias que son certas. A xente busca outras alternativas, e a interactividade que oferta esta nova canle parece que está a ser moi ben recibida polos navegantes.

Estará en crise o monopolio da prensa en mans da burguesía?

Estará a xente a reclamar a verdadeira liberdade de prensa para poder ter unha información o máis veraz posible?

Quererá ser partícipe a xente neste novo marco no que se atopa a comunicación mundial?

Como di Xurxo Mariño no seu libro Os dados do reloxeiro: o coñecemento proporciona liberdade e a xente libre é máis difícil de manipular.

Aí queda!

komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:28
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Realidade ou Realidades?

Moita veces pregúntome cal é a diferenza entre vida e non vida, e dentro desa vida a diferenza entre consciencia e non consciencia. Se partimos do feito de que a ?REALIDADE? á que a maioría damos por algo absoluto é unha realidade que nos vén dada a través dos sentidos , isto é, unha realidade sensorial, e estes sentidos sabemos que son limitados, entón, por que estamos convencidos moitos de nós de que fóra do que nos ofrecen estes sentidos non existe nada? Eu diría máis, creo que fóra dos sentidos existe TODO. Cousas que nós podemos imaxinar e cousas que a cabeza non nos dá para chegar a entendelas nin tan sequera a imaxinalas.

Non pretendo facer aquí unha teoría filosófica nin moito menos (ademais seguro que xa hai algo por aí feito), eu só me pregunto: Que pensará un pelo ao ser rañado por unha man?
komeŋta (2) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:24
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
O nome

Cando eu era cativo e dicía cousas esbardallando ou sen moito sentido a miña avoa sempre me dicía Touporroutou María Antonia, eu descoñecía a identidade desta muller, non sabía se era da Barquiña, da Loxe, de Orro ou de calquera outro lugar veciño, o certo é que eu quedaba parvo mirando para a miña avoa e sabía que era nese mesmo momento no que non cumpría seguir falando.
Agora reutilizo esa vella frase sen xeito nin dereito para poder desbardallar todo cando me saia dos? iso.
A quen non lle guste que non mire e a quen si pois? de momento é gratis ;)

komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:18
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Coma un xogo!
- Touporroutou,
que vou para Roma,
touporroutou,
por unha corredoira.
- Touporroutou,
¿que vas buscar?
- Touporroutou,
unha carga de sal.
- Touporroutou,
¿para que é o sal?
- Touporroutou,
para botarlles ás verzas.
- Touporroutou,
¿para que son as verzas?
- Touporroutou,
para darlles ás galiñas.
- Touporroutou,
¿para que son as galiñas?
- Touporroutou,
para poñer os ovos.
- Touporroutou,
¿para que son os ovos?
- Touporroutou,
para comelos todos

komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:07
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0