ToupORROutou


Cidade da Cultura
Cidade da Cultura

A obra da Cidade da Cultura, actualmente en construción, é, como o seu propio nome indica, unha cidade en pequeno, unha xigantesca obra de 141.000 m2 de superficie, que nace como futuro gran referente cultural de Galicia. O concurso para esta ambiciosa obra a grande escala gañouno o prestixioso arquitecto americano Peter Eisenman, que para desenvolver o proxecto inspirouse na forma da cuncha dunha vieira. O proxecto establece unha nova topografía sobre o Monte Gaias, tomando como referencia as trazas da cidade histórica de Santiago.
O conxunto conta con seis volumes que se unen como se fose unha cidade a pequena escala comunicándose por medio de rúas peonís. Pola súa disposición na cima do monte, aínda co terreo modificado, a Cidade convértese necesariamente en magnífico miradoiro desa cidade histórica na que se inspira.
A obra responde a un ambicioso programa de espazos culturais: hemeroteca, biblioteca, museo, servizos sociais, teatro e centro de novas tecnoloxías. Todos eles estarán dotados dos últimos avances tecnolóxicos en materia de catalogación, almacenamento, sistemas expositivos, etc. O proxecto compleméntase cun parque forestal de grande interese paisaxístico e ambiental.
As formas dos volumes están dotadas de grande organicismo, son formas que se dobran e se arquean, cubertas que ondean seguindo unha inspiración nas formas naturais de gran plasticidade. O volume da biblioteca, por exemplo, é una gran peza na que a curva da cuberta modifica a altura do volume en cada punto, variando a percepción do edificio a medida que se percorre exteriormente. A peza concilia o monumental da súa escala cun deseño humanizado á medida dos usuarios.
Todo o conxunto de edificios estará revestido en pedra cuarcita, que define así a pel exterior e continua do complexo, a excepción dos grandes paramentos acristalados que encherán de luz os edificios.
O arquitecto incluíu no proxecto as torres de John Hejduk, inicialmente proxectadas para outro emprazamento na cidade e que agora pasan a formar parte do complexo, en homenaxe ao seu arquitecto creador, falecido recentemente.

p'atras bolbe ɔs debuʃosp'adiaŋte

eskribe akí
nome:
korreo: (non o berá niŋgeŋ)
URL: (debe komesar por http://)
komeŋtario:
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0