ToupORROutou


Casa da Presidencia
Casa da Presidencia

Trátase da residencia oficial do/a Presidente da Xunta, por tanto cumpre funcións de vivenda pero é tamén un edificio institucional.
O complexo érguese na finca Montepío, na periferia da cidade histórica, un promontorio onde é moi notoria a presenza, próxima, da catedral de Santiago.
O proxecto encaixa nesta paraxe natural, busca a harmonización entre o contorno e a construción, sen perder de vista as reminiscencias do pasado, tan agudamente marcadas neste lugar. A obra é, na súa abstracción, moi sensible co lugar onde se levanta.
O complexo edificatorio áchase na aba do outeiro, integrándose nel. A zona de oficinas e a vivenda propiamente dita sitúanse en lugares distintos, nos extremos do conxunto edificado, diferenciándose ben as distintas funcións que abrangue.
Entre os dous extremos desenvólvese un percorrido no que se fusionan natureza e arquitectura. Lembra, pola súa configuración formal, o conxunto de muros de pedra, tapias, sendas e pequenas edificacións que salpican todo o contorno existente, lugar onde o urbano e o rural se encontran confusamente.
A localización ofrece magnificas e suxestivas vistas: xusto no outeiro de enfronte sitúase o Santiago histórico, e precisamente nesa parte atópanse coidados bancais axardinados.
Os materiais empregados son basicamente a pedra, o cedro e o carballo.
O conxunto destaca fundamentalmente pola súa magnífica conxunción de tradición e contemporaneidade.

p'atras bolbe ɔs debuʃosp'adiaŋte

eskribe akí
nome:
korreo: (non o berá niŋgeŋ)
URL: (debe komesar por http://)
komeŋtario:
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0