ToupORROutou


A Trisca
A Trisca

Trátase da obra dun grande arquitecto, John Hejduk, cunha longa traxectoria profesional, sobre todo no campo do pensamento e a crítica.
O edificio debía adaptarse á trama urbana completando para iso unha esquina moi aguda e de difícil solución. O volume resultante está enormemente tensionado pola súa propia forma forzada. Na esquina do ángulo agudo, os vidros dobran o ángulo enteiro nun exercicio técnico e formal moi apreciable. As fachadas de pedra configúranse de diferente maneira segundo a súa orientación. A fachada que dá á rúa aparece modulada por unha serie de balcóns escultóricos feitos con tubulares de aceiro. O alzado contrario, orientado aos xardíns do Parque de Belvís, aparece salpicado de lucernarios de aceiro a xeito de claraboias que parten do plano do cerramento de maneira violenta, engadíndolle tensión ao conxunto.
No interior do edificio, os falsos teitos recrean formas e figuras creadas polo propio arquitecto, imaxes da súa expresiva imaxinería, que tamén se repiten no pavimento da terraza.

p'atras bolbe ɔs debuʃosp'adiaŋte

eskribe akí
nome:
korreo: (non o berá niŋgeŋ)
URL: (debe komesar por http://)
komeŋtario:
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0