|
|
|
cegac |
|

Deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 1933), veu resolver con acerto e brillantez a posta en valor dunha parte de Santiago de Compostela degradada uns anos atrás cando se abriu a Rúa Valle Inclán, feito que desarticulou o equilibrio do conxunto histórico da zona.
A construción é respectuosa co contorno é ven complementar os espazos arquitectónicos xerados polas fachadas do convento e a Igrexa de San Domingos de Bonaval, e ó mesmo tempo, aporta unha nova fachada á nova rúa.
A estrutura do seu interior como un grande espazo, onde os xogos de volumes das salas, os pequenos detalles escultóricos da terraza ou a presenza da luz exterior, fan do conxunto un capricho para que o visitante deguste en cada paso polo seu interior. Conta con varias salas de exposicións permanentes e temporais, obradoiros, auditorio, biblioteca, cafetaría como de uso público, e a zona de despachos de uso dos servizos administrativos do Centro.
Salientar a sala denominada "dobre espazo", entre a planta baixa e a planta de exposición permanente, o seu vestíbulo de recepción e distribución, a terraza, etcétera. Todas van sorprendendo ao visitante pola singularidade e á vez por ir conectándose unhas coas outras, coma nun máxico labirinto.
Os materiais empregados na construción respectan os propios e definitorios da cidade de Santiago de Compostela, pedra e cristal nas fachadas, e no interior mármore e madeira. A adecuación ó lugar onde se constrúe e ao seu clima, xunto a corrección co entorno, son as máximas desenvolvidas pola arquitecto na preparación deste proxecto.
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|